Inicio Galicia Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro na evolución...

Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual cunha caída do 10,92%

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos de paro rexistrado de abril que se pechou co maior descenso de toda a serie histórica, desde 1996, superando en máis de 4 puntos o ritmo de baixada do Estado

Galicia foi a Comunidade na que máis baixou o paro na evolución anual en abril, que se pechou cunha caída do 10,92%, a maior de toda a serie histórica, desde 1996, o que supón que na actualidade hai 22.338 persoas menos en situación de desemprego que en abril de 2017. Ademais, a Comunidade galega superou en máis de 4 puntos o ritmo de descenso do Estado (-6,64%).

Así o destacou hoxe a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, que valorou os datos salientando que Galicia sitúase, deste xeito, cun nivel de paro inferior a hai 9 anos. Por quinto ano consecutivo lógrase reducir o desemprego nun mes de abril e xa son catro anos e medio consecutivos nos que baixa na Comunidade galega, desde novembro de 2013.Á caída do paro engádese o incremento nas afiliacións á Seguridade Social, sumando 24.948 máis, o que supón un crecemento do 2,59%, o maior desde 2007, cunha media de 70 ao día. Galicia rexistra xa máis de 4 anos de subidas consecutivas. A contratación en xeral tamén medrou con 7.753 novos contratos no último ano (+10,46%). Ademais, os contratos indefinidos aumentaron nun 32,43%, sete puntos por enriba do Estado (+25,24%), case cuadriplicando o ritmo de subida dos temporais. A contratación a tempo completo tamén experimentou un incremento do 10,83%, é dicir, 4.975 contratos máis.

Leer más:  Margarita Robles visitará el martes el Arsenal Militar de Ferrol

O paro, ademais, baixou nas catro provincias galegas, liderando a de Lugo o descenso (-13,21%), seguida de Ourense (-12,53%), Pontevedra (-11,54%) e A Coruña (-9,22%). Tamén descendeu nas 7 grandes cidades e en todos os sectores de actividade: a construción foi onde máis caeu (-21,59%), seguido da industria (-12,88%) e da agricultura e pesca (-11,28%).

Toca salientou que Galicia conta na actualidade con máis emprego igualitario e xuvenil. O desemprego tamén descendeu nos parados de longa duración nun 9,33%. Estes datos, en palabras de Toca, confirman o pulo que o Goberno galego está dando ás políticas de emprego baseadas na igualdade e centradas na mocidade.

Segundo a secretaria xeral, a mellora do mercado laboral feminino é unha prioridade para o Goberno galego que está reforzando as actuacións para asegurar o cumprimento das normas de igualdade e non discriminación. Entre as medidas que se están levando a cabo neste eido puxo en valor as campañas específicas sobre o control de elaboración e aplicación dos plans de igualdade nas empresas que fan fincapé na supervisión da fenda salarial para evitar cláusulas discriminatorias.

Leer más:  Yolanda Díaz evita comentar la marcha de Mès con BNG, Bildu y ERC para las europeas y reivindica a la candidata de Sumar

Máis emprego xuvenilA secretaria xeral de Emprego tamén explicou que a Xunta segue reforzando as iniciativas dirixidas á mocidade. Nas últimas semanas aprobáronse tres programas específicos para os mozos e mozas que suman 7,8 millóns de euros. O obxectivo é chegar a 850 menores de 30 anos. Así, poranse en marcha 22 obradoiros de emprego para beneficiar a 350 mozos e mozas cun investimento de 3,4 millóns de euros. Ademais, o programa Emprega Xuventude, dotado con 1,9 millóns de euros, busca incentivar a contratación e formación de 300 persoas a través dun bono de ata 7000 euros. A terceira das iniciativas está referida á convocatoria de axudas Cooperación coas entidades sen ánimo de lucro que, cun orzamento de 2,5 millóns de euros, impulsará a contratación nestas asociacións de máis de 200 mozos e mozas.

Toca, para rematar, apuntou que o Goberno galego traballa para mellorar o mercado laboral galego que, segundo incidiu, está amosando síntomas de recuperación. Destacou que hai que seguir creando emprego estable e de calidade a través da Axenda 20, unha folla de ruta que permitiu o pasado ano a execución de políticas activas de emprego que chegaron a 75.000 persoas, permitindo que atoparon un traballo tras recibir asesoramento e orientación por parte da Xunta.

Leer más:  El PSdeG, con Besteiro ya proclamado secretario xeral, mueve su congreso del sábado 27 al domingo 28 de abril

- Te recomendamos -