Inicio Galicia Galicia destinou desde 2016 preto de 60 millóns de euros a achegas...

Galicia destinou desde 2016 preto de 60 millóns de euros a achegas para investimentos nas empresas de transformación de produtos do mar

0

A Consellería do Mar aprobou un total de 228 solicitudes de axuda para actuacións coas que mobilizar arredor de 120 millóns de euros e mellorar a competitividade do sector

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, subliñou hoxe no Parlamento que a Xunta aprobou desde 2016 un total de 228 axudas destinadas ao sector transformador de produtos do mar por importe de preto de 60 millóns de euros que permitiron mobilizar arredor de 120 millóns de investimento coa finalidade de modernizar e mellorar a competitividade desta industria en Galicia.

A representante da Consellería do Mar detallou que estes datos se corresponden coas convocatorias de achegas para investimentos en pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura realizadas nos últimos exercicios e que permiten subvencionar ata o 50% das actuacións desenvolvidas para mellorar o estado das súas instalacións.

Entre as accións ás que dan cobertura estas axudas están a optimización dos procesos de transformación, a innovación no ámbito da industria de procesado de peixes e moluscos, a ampliación e adquisición de equipamentos nas plantas de transformación de produtos do mar e as melloras en materia de eficiencia enerxética, entre outras.

Mercedes Rodríguez explicou que precisamente acaba de resolverse a convocatoria deste ano destas achegas coa aprobación de 43 proxectos por un importe de preto de 15 millóns de euros, a distribuír entre as anualidades 2020 e 2021, e que suporán un investimento total de máis de 30 millóns de euros. Estas actuacións contribúen, entre outras cuestións, a aforrar enerxía, mellorar a seguridade, optimizar os procesos de transformación e contar con novos produtos e procesos ou mellores sistemas de xestión nas empresas beneficiarias.

Thenaisie ProvotéA directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica tamén abordou a situación na que se atopa a conserveira Thenaisie Provoté e salientou que a Xunta está a traballar para reconducir a situación co obxectivo de manter a produción e o maior número de empregos posible mediante a busca dun socio industrial. A representante da Consellería do Mar lembrou que esta conserveira conta con instalacións modernas, marcas comerciais recoñecidas e persoal cunha longa experiencia, polo que a máxima prioridade do Executivo galego é que manteña a súa actividade industrial.

Mercedes Rodríguez subliñou que distintos departamentos da Xunta están a manter un contacto permanente tanto co comité de empresa como con representantes da conserveira e con posibles socios inversores coa finalidade de lograr ese obxectivo e de garantir a continuidade dunha empresa da que dependen 125 postos de traballo directos e 225 indirectos no concello do Grove. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre