Inicio Galicia Galicia defende a certificación forestal como oportunidade para dinamizar o medio rural...

Galicia defende a certificación forestal como oportunidade para dinamizar o medio rural mediante o aproveitamento sustentable dos montes

0

O subdirector xeral de recursos forestais da Consellería do Medio Rural puxo tamén en valor a utilidade destes procesos como fórmula para loitar contra o cambio climático


Galicia aposta pola certificación forestal como unha oportunidade para dinamizar o medio rural, a partir da posta en valor e a potenciación dos recursos dos seus montes desde unha perspectiva sustentable. Así o trasladou o subdirector xeral de recursos forestais da Consellería do Medio Rural, Jacobo Aboal, na súa intervención nun foro sobre o sistema de certificación FSC que tivo lugar en Praga.

Neste relatorio, o subdirector da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal avaliou o papel da certificación forestal nun escenario marcado pola descarbonización, o cambio climático, o pulo das enerxías renovables ou a mitigación da pegada de carbono na atmosfera. Todo isto, explicou, incide na necesidade dunha maior credibilidade e transparencia na produción de madeira e na obriga de amparar estes procesos baixo un sistema de certificación forestal.

Jacobo Aboal engadiu que deste xeito foméntase a mobilización de recursos endóxenos nas comunidades locais mediante o aproveitamento dos montes, propiciando ademais a dinamización económica de todo o tecido rural. Así, a certificación forestal pode converterse nunha clave para producir un auténtico “efecto dominó”, impulsando un desenvolvemento económico sustentable con beneficios sociais.

FSC é unha organización global, sen ánimo de lucro, dedicada a promover a xestión forestal responsable en todo o mundo. Esta entidade emite distintos tipos de certificados, relacionados coas diferentes etapas da produción de madeira onde se sitúa o produto forestal na súa cadea de produción/distribución. A verificación do cumprimento dos requisitos de FSC garante que os materiais e os produtos que levan a súa etiqueta proceden de bosques xestionados de forma responsable.

No caso galego, o subdirector xeral de recursos forestais destacou que o número de unidades de xestión certificadas por FSC medrou un 300% entre 2015 e 2018, ata superar a cifra de 21.000, gracias ao labor dos grupos de certificación, o que representa o 86% das rexistradas no conxunto de España. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre