Inicio Galicia Galicia contará cun novo programa para impulsar a internacionalización dixital das pemes

Galicia contará cun novo programa para impulsar a internacionalización dixital das pemes

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca na entrega dos premios Galicia Global, celebrada en Santiago de Compostela, que esta será unha das liñas dos programas Galicia Exporta, que no seu conxunto contarán con 11,2 millóns de euros para a convocatoria de 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe na entrega da terceira edición do premio Galicia Global que a Xunta activará un novo programa para impulsar a internacionalización dixital das pemes. Será unha das liñas dos programas Galicia Exporta, que no seu conxunto contarán na próxima edición con 11,2 millóns de euros, un 40% máis que na anterior convocatoria, co obxectivo de que as pemes poidan acceder e medrar nos mercados internacionais, promovendo ademais a diversificación dos destinos das vendas.

Conde foi o encargado de entregar o recoñecemento da Asociación Española de Directivos (AED), a Josefina Fernández, conselleira delegada de DomusViGroup, polo proceso de expansión internacional da compañía de servizos para a terceira idade.

Na súa intervención, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria sinalou que a diferenciación e a excelencia son claves nos avances do tecido empresarial galego nos mercados exteriores, un elemento fundamental para que as empresas garantan o seu crecemento, o seu rendemento e a súa competitividade.

Así, Francisco Conde indicou que as empresas galegas deben responder ás esixencias que marcan os retos internacionais, adoptando solucións que prioricen a innovación, a sustentabilidade e a formación do talento, sen renunciar á súa identidade. Para iso, reiterou o compromiso da Xunta neste eido.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre