Inicio Galicia Galicia contará con dous dos plans de sostibilidade turística para a Ribeira...

Galicia contará con dous dos plans de sostibilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela

0
image_gallery.jpg

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe na reunión da Conferencia Sectorial de Turismo, na que o Goberno central confirmou a aprobación destes plans


Galicia contará con dous plans de sostibilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela. Estes plans terán como fin promover accións de promoción nestes destinos e mellorar a súa competitividade.

A decisión foi trasladada hoxe polo Goberno central ao vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, durante a reunión, por vía telemática, da Conferencia Sectorial de Turismo, á que tamén asistiron representantes do resto de comunidades autónomas e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Os programas de Plans de sostibilidade turística foron unha das medidas acordadas o pasado xuño, na propia Conferencia Sectorial, para reactivar e dinamizar o sector. Dentro desta iniciativa, a Xunta propuxo un total de catro plans: o de Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra, que foron aprobados; e outros dos para Ourense Termal –relativo a distintos concellos da provincia ourensá- e A Mariña Lucense. Non obstante, e malia a intención do Goberno autonómico de cofinanciar os catro proxectos, o Goberno Central só aprobou dous.

As propostas que presentou a Xunta foron as dos proxectos mellor puntuados dos 15 valorados por Turismo de Galicia, de acordo coa convocatoria desta liña de apoio aos destinos turísticos.

O programa de Plans de sostibilidade turística divídese en dous tipos, destinados a destinos pioneiros e destinos do medio rural ou do interior. O primeiro destes plans está dirixido a resolver os problemas que presentan os destinos maduros, caracterizados pola súa demanda turística o que ás veces supón sobrecarga urbanística e ambiental, como o caso de Santiago de Compostela; e os segundos, como o da Ribeira Sacra, van dirixidos a espazos con patrimonio cultural, en espazos naturais protexidos ou en zonas costeiras pouco desenvolvidas.

Rueda valorou a aprobación de ambos proxectos. Por un lado, o da capital galega, “pensando no Xacobeo” e en “xestionar os fluxos turísticos” que conflúen na cidade; e por outro lado, o da Ribeira Sacra, “para seguir mellorando ese destino e conseguir esa ansiada proclamación como Patrimonio da Humanidade”.

Medidas de apoio ao sectorPor outra parte, no marco da Conferencia Sectorial de Turismo o vicepresidente primeiro lembroulle aos representantes do Goberno central a necesidade de desenvolver novas medidas e manter as xa existentes para o apoio do sector turístico galego, que “é un dos principais motores económicos” da comunidade autónoma.

Así, Rueda manifestou a necesidade de manter os expedientes de regulación de emprego temporal máis aló da Semana Santa de 2021 e tomar esa decisión “canto antes” para evitar o peche de moitas empresas, “aportando tranquilidade” ás empresas ata o comezo da tempada media.

Ademais, o vicepresidente primeiro avogou pola redución do IVE turístico ao 4% de xeito temporal, “un estímulo clarísimo, que reclama todo o sector e que lles daría moito osíxeno”.

Por último o máximo responsable de Turismo da Xunta de Galicia solicitoulle de novo ao Goberno Central que intensifique e concrete a súa implicación co proxecto Xacobeo 2021. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre