Inicio Galicia Galicia contará con catro novas embarcacións para o Servizo de Gardacostas nos...

Galicia contará con catro novas embarcacións para o Servizo de Gardacostas nos próximos dous anos

0

Todas as unidades serán aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento marítimo e participación en actividades de loita contra a contaminación mariña

O Servizo de Gardacostas de Galicia contará nos próximos dous anos con catro novas embarcacións aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento marítimo e participación en actividades de loita contra a contaminación no marco do plan da Xunta para renovar parcialmente a frota deste organismo.

Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita ao estaleiro Rodman Polyships, que está a construír as primeiras dúas embarcacións tras resultar adxudicatario en xuño do primeiro contrato para a modernización da frota de Gardacostas. Cando entren en servizo retiraranse da actividade outras unidades máis obsoletas, destacou a conselleira, o que permitirá “mellorar a loita contra o furtivismo, optimizar as operacións de rescate a salvamento e avanzar na loita contra a contaminación mariña”.

Quintana explicou durante a visita a este estaleiro de Moaña que o Executivo galego xa licitou o segundo contrato para a subministración doutras dúas patrulleiras, unha medida que conta cun orzamento de dous millóns de euros (IVE incluído) e está cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Esta contía súmase aos máis de 1,7 millóns do contrato adxudicado en xuño.

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

O anuncio da segunda licitación xa foi publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), polo que as empresas interesadas poden presentar ofertas ata o próximo 20 de xaneiro.

O prazo de execución do contrato será de doce meses contados a partir da data de sinatura e formalización do acordo, establecéndose que a entrega da primeira patrulleira se producirá aos oitos meses da sinatura, presumiblemente no ano 2019, e a segunda aos doce, xa no ano 2020.

As embarcacións deben ser de tipo monocasco e terán un acabado do máis alto nivel de calidade para os barcos profesionais desta clase. A súa eslora será de entre 15 e 17 metros, a súa manga de entre 4,5 e 5 metros e o seu calado medio de entre 0,9 e 1,4 metros. A súa velocidade máxima con desprazamentos a plena carga debe ser de, polo menos, 28 nós. A súa autonomía acadará preto das 400 millas, o equivalente ao redor de 22 horas de navegación.

A conselleira do Mar salientou que a aposta da Xunta pola renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas queda de manifesto nos orzamentos de 2019 con 4 millóns de euros destinados á compra e modernización de embarcacións. Os fondos serán para pagar as patrulleiras lixeiras xa en construción ou licitación e o excedente adicarase a outra embarcación de gran porte que sairá a licitación proximamente.

Leer más:  Los artistas que encabezan el cartel del Surfin the Lérez 2024 son The Rapants, Grande Amore, Niños Mutantes, Joe Crepúsculo y Ortiga

- Te recomendamos -