Inicio Galicia Galicia contará con 15 novas casas niño que elevarán a 305 o...

Galicia contará con 15 novas casas niño que elevarán a 305 o total de prazas dispoñibles para nenos de 0 a 3 anos

0

Feijóo di que Galicia terá 61 casas niño situadas en distintos concellos de menos de 5000 habitantes

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que nos vindeiros días se publicará no DOG a resolución da convocatoria de axudas de 2018 que impulsará a posta en marcha de 15 novas casas niño e elevará a 305 o total de prazas dispoñibles para nenas e nenos de entre 0 e 3 anos.

Coa próxima apertura de estes novos recursos a prol da conciliación, Galicia contará con 61 casas niño situadas en distintos concellos de menos de 5000 habitantes. Respecto ao emprazamento das novas unidades, Feijóo explicou que 7 delas se situarán na provincia da Coruña, concretamente nos municipios da Capela, Aranga, Irixoa, Monfero, Santiso, Vilarmaior e Vilasantar. Tres na provincia de Lugo, en O Paramo, Rábade e Triacastela e, as outras cinco restantes, nos concellos de Petín, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras e Vilardevós na provincia de Ourense. E lamentou a ausencia de solicitudes por parte dos tres concellos de Pontevedra que podían optar a este recurso.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta congratulouse da boa acollida que está a ter este recurso e destacou que está prevista a publicación na primeira metade deste ano dunha nova convocatoria á que se poderán presentar 36 concellos. De tal xeito, sinalou, Galicia podería acabar a década con 76 casas niño en pleno rendemento.

Ademais, o titular autonómico salientou que a dita iniciativa vén a sumarse a un completo paquete de medidas que fan que na nosa Comunidade hoxe sexa máis sinxelo conciliar do que era hai unha década. Entre esa medidas figuran, dixo, as máis de 24.000 prazas de gardería sostidas con fondos públicos, liñas de axuda para a apertura de escolas infantís nos polígonos industriais ou recursos como o Bono Concilia, o Bono Coidado, a Tarxeta Benvida e axudas directas e deducións fiscais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre