Inicio Galicia Galicia completa a conmemoración do Ano do Turismo Unión Europea-China coa súa...

Galicia completa a conmemoración do Ano do Turismo Unión Europea-China coa súa presenza na feira CITM en Shangai

0

Logo de distintas accións de promoción este ano, incluíndo viaxes de familiarización ou unha acción de difusión a través do operador turístico Ctrip, Galicia reforza a súa presenza neste mercado no principal certame turístico do país

A oferta turística galega difúndese esta fin de semana nunha das principais feiras especializadas de China, a China International Travel Mart (CITM), logo de que a Consellería de Cultura e Turismo organizase durante este ano distintas actividades de promoción para operadores turísticos e público final coincidindo coa conmemoración do Ano do Turismo Unión Europa-China. A presenza neste certame supón unha oportunidade para Galicia neste importante mercado emerxente. A CITM, destinada exclusivamente a profesionais do sector, estase a celebrar na cidade de Shangai e alí, a Xunta presenta a Comunidade galega como un destino completo, salientando a oferta cultural e de natureza, así como o turismo de costa e o de compras.

Ademais, Cultura e Turismo fai especial fincapé na difusión do Camiño de Santiago e Galicia como meta desta ruta de peregrinación como un dos elementos senlleiros da Comunidade galega. A CITM é un dos certames turísticos máis importantes de China que ten como sedes as Cidades de Shangai e Kunming nas que se celebra esta feira en anos alternos. Ocupa máis de 57.000 metros cadrados e acolle a expositores de 106 países.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Estreitar lazos con varios colectivosNa liña por reforzar a presenza de Galicia neste país para potenciar a súa visibilidade entre os destinos máis importantes do mundo, a Consellería de Cultura e Turismo realizou entre o último trimestre de 2017 e o primeiro de 2018 unha importante acción de promoción da oferta turística galega a través do xigante chino da organización de viaxes por internet Ctrip, unha compañía radicada en Shangai que cotiza no Nasdaq e conta con millóns de clientes entre a poboación chinesa.

Tamén se organizaron este ano viaxes de familiarización no destino Galicia, nas que participaron xornalistas e especialistas en comunicación a través das redes sociais. Unha delas realizouse durante o transcurso dunha das festas de Interese Turístico Nacional, a Festa do Polbo do Carballiño, onde se puxo en valor a cultura gastronómica galega asociada a este produto. Amais, mantivéronse encontros con colectivos chineses para reforzar lazos de colaboración, entre os que destacan unha delegación da Oficina de Turismo de China en España, representantes da Asociación da Nova Ruta da Seda, ou a alumnos chineses que peregrinaron a Santiago de Compostela. Durante este ano, a Comunidade galega tamén participou no II Foro de Turismo España-China (FOTEC) e mesmo estivo presente na Feira Internacional de Importación de China a semana pasada, entre outras.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

- Te recomendamos -