Inicio Galicia Galicia comparte en Bulgaria a oportunidade que o crecemento sustentable do Camiño...

Galicia comparte en Bulgaria a oportunidade que o crecemento sustentable do Camiño de Santiago supón cara ao Xacobeo 21

0

A representante da Consellería de Cultura e Turismo expuxo nunha mesa redonda o traballo levado a cabo para mellorar a súa gobernanza e xestión, con ferramentas como o estudo sobre o seu impacto presentado coa Universidade de Santiago


A Consellería de Cultura e Turismo participou hoxe en Bulgaria no II Congreso Internacional sobre Civilizacións do Mundo e Rutas Históricas, onde a directora de Turismo, Nava Castro, puxo en valor as oportunidades que o crecemento sustentable que está a experimentar o Camiño de Santiago –máis diversificado e internacional que nunca– supón de cara ao Xacobeo 2021, ao axudar a espallar por todo o territorio galego os seus beneficios a todos os niveis.

Nunha mesa redonda que compartiu con representantes da Via Rhodopica, en Bulgaria; a Ruta dos Fenicios, en Italia, ou da Ruta 66, en Estados Unidos, Nava Castro presentou o modelo de xestión galego ao redor da Ruta Xacobea a modo de exemplo para poder ser trasladable a outros itinerarios de peregrinación ou culturais do mundo.

Tamén deu a coñecer os resultados do Estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) como parte dos compromisos do Plan Director do Camiño de Santiago, como unha ferramenta de xestión que está sendo eficaz para a toma de decisións ao redor da Ruta Xacobea.

Leer más:  Manuel Gallego, alcalde de Taboadela (Ourense) durante casi 50 años, ha fallecido

Máis colaboración con outros itinerariosNava Castro puxo sobre a mesa a repercusión do Camiño de Santiago nas economías dos concellos galegos, especialmente nos preto de 140 polos que atravesa algún dos 10 itinerarios oficiais e afondou na súa influencia no emprego, nas tendencias demográficas e noutros aspectos sociais, culturais e relativos ao medio ambiente. Finalmente, referiuse á importancia do feito de que a capacidade de acollida do Camiño de Santiago sexa superior á actual, como así o constata do estudo da USC, e que é especialmente estratéxico con vistas ao vindeiro Xacobeo 2021.

A presenza de Galicia neste congreso internacional organizado pola Organización Mundial do Turismo (OMT) serviu de punto de encontro para reforzar colaboracións con outros itinerarios culturais de todo o mundo nun evento que se celebrou na capital de Bulgaria, Sofía, e que contou con máis de 200 participantes de países membros da OMT.


- Te recomendamos -