Inicio Galicia Galicia colabora con Perú na busca de oportunidades de diversificación de especies...

Galicia colabora con Perú na busca de oportunidades de diversificación de especies na súa produción acuícola

0

A directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar participa con dúas técnicos do organismo dependente da Consellería do Mar nunha nova misión para coñecer mellor a cadea produtiva e de valor do molusco cuncha de abanico

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, está a desenvolver esta semana unha nova misión técnica no marco do proxecto AcuiPesca Perú, financiado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través de Cooperación galega, coa que pretende reforzar o coñecemento sobre a cadea produtiva e de valor do molusco bivalvo cuncha de abanico e avanzar na busca de oportunidades de diversificación de especies na produción acuícola da baía de Sechura, no departamento peruano de Piura.

A directora xerente do Cetmar, Paloma Rueda, e dúas técnicos da área de Cooperación Internacional do centro dependente da Consellería do Mar participan nesta misión, na que tamén se iniciarán os traballos de cara a apoiar ao Goberno peruano na creación de novas normas de competencia relativas ás ocupacións relacionadas co sector da acuicultura na baía de Sechura, como é o caso dos buzos e do persoal das plantas de procesado ou dos desembarcadoiros pesqueiros artesanais.

Durante esta viaxe, que se prolongará ata o 6 de decembro, as profesionais do Centro Tecnolóxico do Mar estarán acompañadas por representantes do Ministerio da Produción do Perú (Produce), socio local do Cetmar neste proxecto, así como das institucións membros do consorcio AcuiPesca Perú, como son Anfaco-Cecopesca e a Fundación Ayuda en Acción en España e en Perú.

A axenda coordinada polo Cetmar co apoio de Produce inclúe visitas ás diferentes zonas de produción acuícola na baía de Sechura, a plantas procesadoras ou a empresas que están a desenvolver proxectos de diversificación de especies, ademais de encontros e reunións de traballo coas administracións con competencias no ámbito pesqueiro, cos acuicultores e pescadores e con outros axentes do sector.

No que se refire aos traballos relacionados coa formalización das profesións do ámbito acuícola, está prevista a celebración dun taller de certificacións profesionais que, organizado polo Cetmar co respaldo de Produce, terá lugar o vindeiro día 29 de novembro en Piura.

Esta xuntanza de traballo pretende reunir ao conxunto dos actores claves asociados á cadea produtiva da cuncha de abanico, para que de forma conxunta poida realizarse unha revisión dos perfiles profesionais non formalizados dentro da devandita cadea e sentar as bases para iniciar o proceso de certificación dos mesmos.

Proxecto AcuiPesca PerúEsta iniciativa ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento económico e social das comunidades costeiras da baía de Sechura, no departamento de Piura, e as súas accións pretenden incrementar a competitividade do sector da pesca artesanal e da acuicultura, con especial incidencia na cadea produtiva da cuncha de abanico, un molusco bivalvo que acada altas cotas de produción nesta zona do Perú.

Coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, AcuiPesca Perú está financiado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, no marco do memorando de entendemento subscrito en 2015 co Ministerio da Produción do Perú, e prolongarase ata finais do ano 2021. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre