Inicio Galicia Galicia colabora con Castela e León e Portugal na extinción dun lume...

Galicia colabora con Castela e León e Portugal na extinción dun lume na área fronteiriza co municipio ourensán da Mezquita

0

A Xunta mobilizou medios aéreos e terrestres, consonte os protocolos de colaboración neste tipo de situacións

Medios aéreos e terrestres de Galicia están a colaborar nas tarefas de extinción dun lume activo arestora e rexistrado en territorio da veciña comunidade de Castela e León (provincia de Zamora) e de Portugal, nunha zona fronteiriza co municipio ourensán da Mezquita.

En concreto, nas tarefas colaboran 1 técnico, 2 axentes, 8 brigadas, 2 motobombas e 5 helicópteros adscritos ao Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta. Ademais de achegar estes efectivos, técnicos galegos coordinan os traballos de todos os medios aéreos que participan na extinción, procedentes da propia Galicia, de Castela e León e de Portugal.

Este tipo de colaboración é usual en áreas fronteirizas, consonte os protocolos establecidos para a cooperación cando se producen lumes e se dan as condicións para poder aportar medios de extinción, como é caso, por parte de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre