Inicio Galicia Galicia centra estes días a súa promoción internacional en Portugal, o mercado...

Galicia centra estes días a súa promoción internacional en Portugal, o mercado estranxeiro con máis viaxeiros

0

A consellería de Cultura e Turismo participa nunha acción de comercialización a través do certame Mundo Abreu que se celebra en Lisboa

O labor de promoción internacional da oferta turística galega céntrase estes días en Portugal, que, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), é o primeiro mercado estranxeiro que achega máis viaxeiros á comunidade galega. De feito, a súa demanda turística medrou o ano pasado case un 7%.

Así pois, a oferta turística galega está estes días en Lisboa, dentro da feira Mundo Abreu, un certame organizado polo operador turístico Viaxes Abreu no que participan os axentes da compañía e varios destinos turísticos convidados, entre eles Galicia.

Viaxes Abreu é o principal operador turístico de Portugal e cada ano organiza unha feira para presentar as novidades da propia compañía no ámbito das viaxes turísticas e algúns destinos turísticos teñen a posibilidade de presentar a súa oferta ao público que asiste a este certame. Nesta feira, moitos dos visitantes adoitan mercar as súas vacacións atraídos polas ofertas e descontos que se presentan no certame.

Galicia está presente cun recinto aberto ao público a través do que se difunde a súa oferta turística, incidíndose nas posibilidades para esta primavera e o próximo verán.

No eido da demanda turística portuguesa cabe salientar que, segundo o INE, o ano pasado foron máis de 252.000 os portugueses aloxados en establecementos hoteleiros galegos. Estas cifras supuxeron un incremento do 5,4% en relación a 2017, segundo o INE.

Polo que respecta aos peregrinos portugueses que realizan o Camiño de Santiago, as estatísticas da Oficina do Peregrino indican que o pasado ano foron máis de 14.000 portugueses os que fixeron a Ruta xacobea, un 11,3% máis que no mesmo período do ano anterior, datos que sitúan a Portugal como cuarto país estranxeiro con máis Compostelas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre