Inicio Galicia Galicia celebra o Día Internacional do Guía do Turismo visibilizando a importancia...

Galicia celebra o Día Internacional do Guía do Turismo visibilizando a importancia da profesionalización no sector

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Santiago de Compostela nunha visita guiada organizada pola Asociación profesional de guías turísticos de Galicia (APIT-Galicia) con motivo do Día Internacional do Guía de Turismo que se está a conmemorar este xoves con diferentes roteiros en varias cidades que contaron coa presenza de representantes da Xunta.

Tamén o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sumouse á celebración cun vídeo na campaña que APIT promove nas redes sociais. O Goberno galego pon en valor así a importancia de contar cun sector turístico profesionalizado, actualizado e debidamente formado para seguir facendo de Galicia un destino competitivo. APIT escolleu este ano o lema #turismofilia para reflexionar e divulgar sobre a importancia de ofrecer un turismo de calidade á hora de facer de Galicia un lugar mellor para visitar e tamén para vivir.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre