Inicio Galicia Galicia bate novamente o récord de doazón de órganos e acada un...

Galicia bate novamente o récord de doazón de órganos e acada un índice histórico mínimo de negativas familiares á doazón

0

A nosa comunidade rexistrou 136 doadores de órganos no pasado exercicio, a cifra máis elevada da súa historia e que supón un 14,7% de incremento con respecto ao ano anterior


O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2019 unha cifra récord de 136 doazóns de órganos e mantivo en 354 a cifra de transplantes de órganos nos seus hospitais, os datos máis elevados desde que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Así mesmo, resulta especialmente salientable o feito de que a taxa de negativas familiares á doazón situouse nun 13,4%, un mínimo histórico e que pon de manifesto o carácter solidario da cidadanía galega.

Do total de transplantes, 176 foron de ril; dos cales 36 procedían de doante vivo, 115 de fígado, 2 de páncreas, 20 de corazón e 41 de pulmón. Salientar que, desde que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2019, xa se levan feitos en Galicia un total de 8.295 transplantes de órganos.

Transplantes de órganos

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre