Inicio Galicia Galicia avalía xunto ao resto de comunidades autónomas un novo sistema de...

Galicia avalía xunto ao resto de comunidades autónomas un novo sistema de perfilado para os demandantes de emprego

0


Galicia acolle por primeira vez as Xornadas de boas prácticas e aprendizaxe mutuo no Sistema Nacional de Emprego, un encontro que nesta segunda edición se celebra hoxe e mañá en Santiago e no que representantes dos diferentes gobernos autonómicos e dos seus Servizos Públicos de Emprego avaliarán un novo sistema de perfilado para os demandantes de emprego.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participaron hoxe na inauguración do evento, xunto co director xeral do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Gerardo Gutiérrez Toca destacou na súa intervención a importancia de adaptar os servizos públicos de orientación e busca de emprego ás novas necesidades das persoas que tratan de acceder ao mercado laboral, ao tempo que incidiu na necesidade da formación continua dos técnicos que están en contacto cos demandantes de emprego.Á clausura das xornadas asistirán mañá o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o director xeral do SEPE. No encontro desenvolveranse diferentes sesións de traballo nas que se analizarán as mellores ferramentas que axuden a configurar a oferta de itinerarios laborais e servizos ás persoas demandantes de emprego.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre