Inicio Galicia Galicia aposta polo talento verde e as novas tecnoloxías para impulsar a...

Galicia aposta polo talento verde e as novas tecnoloxías para impulsar a construción en madeira e o crecemento da industria forestal

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde na Coruña nas I Xornadas Internacionais Madeira 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde na Coruña nas I Xornadas Internacionais de Madeira 2020 organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga, onde subliñou que Galicia aposta polo talento verde e polas novas tecnoloxías para impulsar a construción en madeira e o crecemento da industria forestal.

Na súa intervención, o conselleiro referiuse á aposta da Xunta pola bioeconomía no seu obxectivo de contar cunha Galicia máis verde. Neste sentido, a Consellería pretende fortalecer o talento verde apostando polo sector forestal. Lembrou que nos últimos 4 anos se investiron preto de 45 millóns de euros en axudas ao sector para mellorar a formación -con máis de 3600 beneficiarios- e estimular a transformación dixital. E este ano executaranse 14 M€ da Axenda da Industria Forestal para incorporar as novas tecnoloxías, a innovación e o ecodeseño.

Conde destacou o compromiso da Xunta pola bioconstrución, na que a madeira ten un papel protagonista pola súa natureza reciclable, a súa capacidade para absorber CO2 ou pola maior eficiencia enerxética. A Xunta, ademais de promocionar as vantaxes de construír con madeira está executando proxectos exemplares utilizando a madeira en edificios públicos como centros de saúde, escolas infantís ou edificios administrativos.

A industria da madeira continúa a súa expansión e, así, en 2018 facturou un 2% máis que o ano anterior, 230 M€; emprega a máis de 21.000 persoas e incrementou un 4,6% o seu volume de exportacións. A presenza internacional da madeira galega é cada vez maior grazas ao sector do contract no que traballan un centenar de empresas que desenvolven a súa actividade en máis de 100 países con 9000 proxectos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre