Inicio Galicia Galicia aposta pola implicación da sociedade na loita contra os residuos mariños...

Galicia aposta pola implicación da sociedade na loita contra os residuos mariños con accións como a campaña ?Bye, Bye plástico'

0
image_gallery.jpg

A Xunta subvenciona a recollida activa de lixo mariño na que colaboran preto de 200 profesionais e cinco embarcacións


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o traballo realizado por Galicia na loita contra os residuos mariños coma o plástico, un ámbito no que, segundo destacou a titular de Mar, a comunidade autónoma galega está á vangarda con accións como os proxectos que contan con financiamento da Consellería do Mar e que se enmarcan no plan Mar Limpo e a campaña de concienciación Bye, bye plástico, coa que o Executivo galego pretende dar visibilidade ao problema medioambiental que supón o consumo excesivo de plásticos e a súa chegada ao mar.

Así o expuxo durante a clausura telemática da VII conferencia internacional ARVI sobre o futuro da pesca e baixo o título A pesca ante o cambio climático: impacto, adaptación e mitigación. Alí tamén deu conta da incidencia dos residuos mariños que proceden nun 80% da terra e lembrou que o plástico que remata no mar tarda 400 anos en desaparecer. Nesta liña Rosa Quintana sinalou que a erradicación dos residuos mariños é un dos maiores retos ambientais da Administración galega e tamén da sociedade.

Con ese cometido xorden accións como as axudas por importe de máis de 275.000 euros, destinadas a proxectos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños nunha dobre vía. Por unha banda a actividades de recollida activa de lixo mariño coa colaboración de preto de 200 profesionais e cinco embarcacións e por outra banda a actividades de recollida pasiva de residuos procedente das faenas ordinarias da pesca e do marisqueo a pé, coa colaboración de arredor de 400 profesionais do marisqueo a pé e oito embarcacións.

Nestes proxectos, explicou a conselleira, “os actores que viven do mar convértense en absolutos protagonistas da súa recuperación, en favor dun ecosistema máis saudable, produtivo e bioloxicamente diverso”.

A isto súmase a campaña de concienciación da Xunta Bye, bye plástico, que pon o foco na cultura de usar e tirar, hoxe agravada polo contexto de pandemia no que as máscaras e as luvas para loitar contra a covid-19 comezan a estar presentes nos mares converténdose nun problema. Neste sentido, Rosa Quintana advertiu da necesidade de ser conscientes “do impacto que a poboación irresponsable xera na saúde de todos e no medio mariño” e ese é o fin da campaña que busca crear unha comunidade activa e implicada na loita contra estes residuos e na defensa dun futuro ambiental sustentable.

Ademais a titular de Mar destacou o labor do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) con proxectos de investigación do para protexer, rexenerar e mellorar a xestión do medio e dos recursos mariños e o do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a través de diferentes iniciativas que fan fincapé na loita contra a contaminación mariña accidental.

En relación á loita contra o cambio climático a conselleira do Mar fixo fincapé na necesidade de adoptar políticas ambiciosas, medidas efectivas e accións de resultado medible para facerlle fronte. Neste eido puxo como exemplo o labor que vén desenvolvendo Galicia, “que está servindo de exemplo a outras rexións nacionais e europeas” coa aprobación das estratexias de Economía Circular 2020-2030 e de Cambio Climático e Enerxía 2050 e coa futura Lei de Residuos, que está en vías de tramitación parlamentaria. Esta normativa, expuxo Rosa Quintana, “intensificará a loita contra os plásticos que supoñen unha ameaza para os ecosistemas”.

Conferencia internacional de ARVIA VII edición da conferencia internacional ARVI estivo centrada na incidencia do cambio climático na pesca e nela diferentes expertos con experiencia na materia analizaron e debateron durante hoxe e onte sobre este tema, as potenciais medidas de adaptación que deberá implantar o sector e como estas poden contribuír á mitigación do cambio climático. Unha das participantes foi a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, que interveu no panel no que se abordou o papel da pesca na mitigación do cambio climático.

Durante a clausura, a conselleira do Mar agradeceu á Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo o seu labor na organización desta conferencia que se converteu nun evento referente e recoñeceu a traxectoria de máis de 50 anos de ARVI, o que a converte “no colectivo de armadores de buques pesqueiros máis importante de España e un dos máis relevantes de Europa”.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre