Inicio Galicia Galicia acollerá desde hoxe actuacións de limpeza en 10 espazos naturais no...

Galicia acollerá desde hoxe actuacións de limpeza en 10 espazos naturais no marco do 'Proxecto Libera: Natureza sen Residuos'

0

Este é o terceiro ano no que a Xunta colabora e participa nesta iniciativa de ciencia cidadá, que ten como obxectivo principal concienciar e contribuír a acabar co problema medioambiental que supón o abandono de lixo e residuos na natureza

Unha decena de colectivos e entidades galegas mobilizaranse entre hoxe e o vindeiro 15 de decembro para limpar de basuraleza outros tantos espazos naturais repartidos pola comunidade. Baixo o lema 1m2 polo campo, o monte e os bosques, estas batidas de limpeza buscarán concienciar sobre o impacto que ten a acumulación de lixo e todo tipo de residuos neste tipo de localizacións.

Este é o terceiro ano consecutivo no que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, participa e colabora nesta iniciativa, que está enmarcada dentro do Proxecto Libera: Natureza sen basura, impulsado por SEOBirdLife e Ecoembes. O obxectivo principal é concienciar sobre o feito de que o abandono e a acumulación de residuos nas contornas naturais son un problema xeneralizado cun impacto moi negativo para a conservación do medio ambiente que nos rodea e, en consecuencia, do planeta.

No caso concreto de Galicia e unha vez pechado o prazo de inscrición para poder participar nalgunha batida, entre os 10 espazos galegos nos que se levarán a cabo as actuacións figuran, entre outros, a Presa de Velle (na provincia de Ourense) e a Serra da Groba (Pontevedra), nas que hai batidas programadas para hoxe; o LIC Os Ancares-Courel (Lugo), cunha acción prevista para o 13 de decembro; ou a Fraga de Menáncaro (A Coruña), onde a batida será o día 14.

A nivel nacional, un total de 141 entidades, asociacións e grupos de interese actuarán en 159 puntos distribuídos por 47 provincias españolas. Pódense consultar todos os puntos nos que se farán recollidas ao longo desta semana a través da web proxectolibera.

Obxectivos ODSCon este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá, contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos, algúns dos que con maior frecuencia se adoitan acumular nos montes e bosques.

Ademais, os promotores do Proxecto Libera e todos os seus colaboradores buscan contribuír a acadar o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 15, que se refire á vida dos ecosistemas terrestres.

Cómpre lembrar que esta nova acción voluntaria forma parte das limpezas periódicas de 1m2 polas contornas –que inclúe as accións de 1m2 por praias e mares, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte-, cuxo obxectivo non é só liberar á natureza de lixo, senón caracterizar e tipificar os residuos que en cada punto de limpeza se atopan, a través del uso de la ciencia cidadá.

Para logralo, a aplicación e-Litter, deseñada especificamente para investigacións como esta e grazas á cal pódese realizar unha caracterización dos residuos recollidos, axudará aos voluntarios a introducir e compartir os resultados contribuíndo así a ampliar o coñecemento sobre localización, tipo e cantidade de residuos abandonados en cada punto.

De feito, na edición anterior de 1m2 polo campo, os bosques e o monte –que se desenvolveu en 95 puntos de todo o país e contou coa participación de case 3.000 voluntarios- se chegaron a caracterizar cerca de 30.000 obxectos recollidos nas batidas. Nesta ocasión, os promotores aspiran a aumentar o volume de datos sobre a tipoloxía a e orixe dos refugallos para planificar accións concretas, da mandos cidadáns, que axuden a minimizar o impacto da basuraleza sobre a contorna.

Galicia comprometidaO compromiso crecente da sociedade galega co medio ambiente e co coidado do planeta tense plasmado tamén na súa activa participación nas dúas anteriores edicións de 1m2 pola natureza, 1m2 polo campo, os bosques e o monte e 1m2 polos ríos, encoros e pantanos, que cada ano atraen a un maior número de voluntarios na comunidade. No 2018, por exemplo, houbo 500 voluntarios que realizaron limpezas en 24 puntos da xeografía galega.

De feito, nas convocatorias de anos anteriores a iniciativa permitiu chegar a unha gran variedade de lugares da nosa contorna, como a praia de Covas (Lugo), a Capela do San Antón (Ourense), a praia de Barrañán (A Coruña) ou os Xardíns Valle-Inclán (A Coruña).

Así mesmo, cómpre subliñar tamén que moitas empresas e entidades galegas achegaron os seus esforzos desinteresadamente para converterse en Heroes Libera, organizando puntos de recollida e participando nas batidas activamente, como foi o caso de Indra na praia de Sabón, en Arteixo; de Telefónica no Grove; da compañía AXA tamén neste mesmo concello; ou de Pescanova na Enseada de San Simón.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre