Inicio Galicia Galicia acadou no 2º trimestre un crecemento anual do 2,8%, máis que...

Galicia acadou no 2º trimestre un crecemento anual do 2,8%, máis que a media española, e creou 17.900 empregos a tempo completo

0

Os datos do IGE constatan que a economía galega segue medrando con forza grazas á demanda interna e ao bo comportamento das exportacións


A economía galega acadou no segundo trimestre do ano un crecemento anual do 2,8%, máis que a media española, e creou case 18.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo en comparación co mesmo período de 2017, segundo as contas económicas trimestrais do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Os datos do IGE publicados hoxe constatan que a economía galega mantén un forte ritmo de crecemento. En termos interanuais –é dicir, en comparación co mesmo trimestre do ano anterior– o PIB galego avanzou no segundo trimestre un 2,8%, unha décima superior ao crecemento da economía española, que foi do 2,7%, segundo os datos avanzados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Segundo o IGE, o crecemento da economía galega entre abril e xuño sustentouse no incremento da demanda interna –que avanzou un 3,0%- e no bo comportamento das exportacións de bens e servizos, que medraron un 4,5%. Os datos do organismo estatístico autonómico tamén mostran que a economía galega medrou un 0,6% con respecto ao primeiro trimestre. O avance da economía galega foi idéntico ao do PIB nacional.

Leer más:  Cuatro vecinos de Arteixo son detenidos por robar más de 250 botellas de aceite de oliva en supermercados de León

Ademais, no segundo trimestre produciuse tamén un importante crecemento da formación bruta de capital, un indicador relevante para coñecer o impacto dos investimentos que se realizan principalmente no eido empresarial. O avance neste período foi do 8,1%, o maior rexistrado nos últimos doce anos.

Pola parte da oferta todos os sectores da economía galega continúan en positivo, tanto a industria –cun incremento anual do 4,1% na industria manufactureira, a máis intensiva en emprego- coma a construción (6,0%) e os servizos (2,3%). Tamén se rexistra unha importante mellora do sector primario, que pasa de medrar un 0,3% a un 1,9%.17.900 novos empregos a tempo completoAs contas trimestrais do IGE confirman tamén que a recuperación económica continúa trasladándose igualmente ao mercado laboral. No primeiro trimestre creáronse 17.864 postos de traballo equivalentes a tempo completo, cun crecemento do 1,8% respecto ao segundo trimestre de 2017, dous décimas máis que o rexistrado no trimestre anterior. O incremento foi maior no emprego asalariado, ata situarse no 3,2%.

Os datos de contabilidade trimestral indican que o emprego a tempo completo está a medrar con forza na industria (3,9%), a construción (5,3%) e os servizos (1,8%). 

Leer más:  El BNG presentará propuestas en el Congreso y el Senado para conocer la postura del Gobierno sobre la instalación de Altri

- Te recomendamos -