Inicio Galicia Galicia abre hoxe en Oporto un restaurante efímero con oito Estrelas Michelin...

Galicia abre hoxe en Oporto un restaurante efímero con oito Estrelas Michelin e 20 Soles Repsol

0

O establecemento instalado no Hotel Carrís Ribeira ata o 17 de novembro é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove


O restaurante efímero Nave Nove, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove, abre hoxe as súas portas na cidade de Oporto para promover a enogastronomía galega durante o outono. Desde hoxe e ata o vindeiro 17 de novembro, os cociñeiros do grupo realizarán as súas creacións neste establecemento temporal situado no Hotel Carrís Porto Ribeira.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de preapertura dirixido a prensa estranxeira e portuguesa onde se recreou a esencia de Nove a través do menú degustación que se ofrecerá a todos os clientes e que está elaborado polos 22 chefs do grupo para exportar a alta cociña galega no mercado portugués e favorecer así a internacionalización da oferta enogastronómica galega.

Nave Nove ofrece servizo de ceas de martes a domingo cun único menú degustación que consta de nove pasos: un apetitivo, dous entrantes, dous pescados, dúas carnes e dúas sobremesas. Poderase optar por incluír un maridaxe de vinos.

O restaurante itinerante permitirá reunir nunha única iniciativa 22 chefs de prestixio que suman oito Estrelas Michelín e 20 Soles Repsol e funcionará como embaixador da gastronomía galega en Portugal.

Con esta iniciativa, a Xunta promove a internacionalización e desestacionalización do destino galego nun mercado de gran potencial como o portugués, o primeiro mercado internacional para Galicia e que recibe numerosos turistas estranxeiros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre