Inicio Galicia Francisco Menéndez destaca que a senda de Reza, en Ourense, será de...

Francisco Menéndez destaca que a senda de Reza, en Ourense, será de uso peonil para facilitarlles aos veciños os desprazamentos a pé en condicións de seguridade e sustentabilidade

0

O director explica que este itinerario está dirixido aos peóns, que verán incrementada a súa seguridade, solucionando a actual inexistencia de beirarrúas e a insuficiente sección transversal da estrada

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, salientou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia que a senda que a Xunta vai construír en Reza, en Ourense, se definirá no proxecto tras incorporar as alegacións, como de uso peonil, co obxectivo de facilitarlles aos veciños os desprazamentos a pé en condicións de seguridade e sostibilidade.

Menéndez explicou que no caso da estrada OU-402, que discorre paralela ao río Miño, prodúcense numerosos desprazamentos peonís entre o núcleo de Ourense e a pasarela de acceso ás termas de Outariz. Concretou que teñen lugar conflitos cos vehículos rodados, debido á inexistencia de beirarrúas e a insuficiente sección transversal da estrada, polo que se propón unha senda pola marxe dereita para solucionar estas carencias.

Reiterou que o principal obxectivo desta senda é ofrecer unha mobilidade sostible aos veciños de Reza, xa que a dos ciclistas “de paseo” queda atendida a través do itinerario das Ninfas, máis próximo ao río Miño. Ademais, puntualizou que os ciclistas deportivos, transitarán pola calzada, xa que a súa velocidade é máis similar á dos vehículos que á dos peóns.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Santiago propone a Nicolás González Casares como candidato a las elecciones europeas

O director da AXI subliñou que se trata dun proxecto que está en proceso de tramitación e sometido á participación da cidadanía, polo que cómpre estudar as alegacións que se reciban co fin de atender as melloras propostas se son compatibles co obxecto da actuación.

A actuación executarase entre os lugares de Vista Fermosa e Outariz, desde o punto quilométrico 1+090 ata o aparcadoiro situado no 3+290, retomando posteriormente o itinerario no treito da marxe dereita do río Miño, na zona das termas.

A largura da senda será variable, en función do espazo dispoñible, aínda que manterá sempre unha mínima de 1,80 metros e irá separada da calzada por un bordo delimitador. O pavimento que se empregará será de formigón e na zona das termas de Outariz será fotoluminiscente.

Francisco Menéndez sinalou que a Xunta, no marco do Plan de sendas de Galicia, xa ten licitado 30 proxectos na comunidade e 7 máis foron xa sometidos a información pública. Neste sentido, engadiu que a demanda xeral é de executar máis sendas, non de retirar proxectos, xa que as actuacións son boas para veciños e para os usuarios das estradas ao incrementar a súa seguridade viaria. 

Leer más:  El Ayuntamiento de Ferrol rectifica y publica nuevamente los pliegos de concursos en castellano y gallego

- Te recomendamos -