Inicio Galicia Formato Producciones preestrea no CGAI o documental subvencionado pola xunta ?Almoina, o...

Formato Producciones preestrea no CGAI o documental subvencionado pola xunta ?Almoina, o heroe infame?

0

Breogán Riveiro dirixiu este filme para televisión sobre a controvertida e esquecida figura do lucense José Almoina Mateos

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia acolleu esta tarde a preestrea do documental de Formato Producciones Almoina, o heroe infame, dirixido polo realizador, escritor e guionista Breogán Riveiro. Esta longametraxe para televisión sobre a controvertida e esquecida figura do lucense José Almoina Mateos foi realizada co apoio da Consellería de Cultura e Tursimo, a través da liña de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) á produción audiovisual, e conta así mesmo coa participación de Televisión de Galicia (TVG).

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e mais o director de contidos de TVG, Fernando R. Ojea, acompañaron esta tarde no CGAI a Andrés Barbé, produtor de Formato Producciones, e a Breogán Riveiro neste acto de preestrea, no que se salientou a pertinencia de títulos que, como este, suman ao seu valor como obra audiovisual a súa achega á divulgación histórica.

Sutil lembrou que Almoina, o heroe infame foi un dos proxectos adxudicatarios en 2015 dunha axuda de preto de 30.000 euros por parte da Xunta de Galicia, a través das subvencións da Agadic á producións e coproducións audiovisuais, na categoría de longametraxes documentais para televisión.

Leer más:  El alcalde de Cercedo-Cotobade ciñe la participación municipal en la 'cena de mujeres' a la cesión del pabellón

Máis estreas galegas“Esta canle é a nosa principal liña de subvencións ao fomento do sector audiovisual galego, á que cada ano dotamos de dous millóns de euros e completamos con outras concorrencias específicas para a promoción do talento, o desenvolvemento de proxectos ou a presenza en festivais de prestixio”, sinalou, ao tempo que se referiu a outros títulos subvencionados que acaban de chegar ou chegarán proximamente ás pantallas: La sombra de la ley, de Vaca Films; Trote, de Frida Films, ou a serie O sabor das margaridas, de CTV, ente eles.

O documental que asina Breogán Riveiro arroxa luz sobre a descoñecida e fascinante historia de Pepe Almoina (1903-1960), fillo dun importante médico de Lugo. Membro do PSOE, masón, deputado, perseguido na guerra civil, exiliado na República Dominicana, profesor na Universidade de Santo Domingo e secretario persoal do ditador Rafael Leónidas Trujillo, traballo este último polo que foi expulsado do Partido Socialista e polo que moitos exiliados o condenaron ao ostracismo.

O documental narra como, a pesar da súa lenda negra como colaboracionista, Almoina mantén un dobre xogo de denuncias, enganos e ataques ao ditador dominicano baixo o pseudónimo de Gregorio Bustamante, xogo que –xa exiliado en México– lle costaría a vida a mans do servizo secreto de Trujillo.  

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" convocada en Pontevedra

- Te recomendamos -