Inicio Galicia Fest Galicia impulsa a elaboración do primeiro manual de calidade e boas...

Fest Galicia impulsa a elaboración do primeiro manual de calidade e boas prácticas dos festivais profesionais de música

0

É unha das medidas asociadas á posta en marcha o pasado mes de xuño da marca a través da que a Xunta está a promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social


A Xunta está a impulsar a elaboración do que será o primeiro manual de calidade e boas prácticas dos festivais profesionais de música galegos como parte das iniciativas que vén desenvolvendo desde o pasado mes de xuño baixo a marca FEST Galicia. A súa finalidade é ofrecerlles aos organizadores deste tipo de eventos un documento que unifique e estandarice os procesos implicados na súa produción, así como servir de base cara ao desenvolvemento dun selo de calidade propio para distinguir aqueles festivais que cumpran os criterios calidade, sostibilidade e responsabilidade que promove FEST Galicia.

Con estes obxectivos, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo conta coa colaboración da asociación empresarial Festivais de Galicia para identificar e ordenar claramente os procedementos, normas técnicas e de seguridade, obrigacións documentais e responsabilidades xurídicas asociadas.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

O proxecto foi presentado esta mañá na Delegación Territorial de Xunta en Pontevedra polo director da Agadic, Jacobo Sutil, nun acto no que tamén interviñeron o presidente de Festivais de Galicia, Luis Campos, e mais o secretario territorial da Xunta, Ramón Pereiro Santín. Acompañáronnos Carlos Montilla, do festival 17º Ribeira Sacra, e Jordi Lauren, do SonRías Baixas, como integrantes da directiva do colectivo.

Cara á excelencia“Evidentemente, será un documento axustado á normativa estandarizada xa vixente e en harmonía con toda a lexislación aplicable en materia de seguridade de espectáculos públicos, tanto a nivel estatal como no que se refire ao novo marco regulamentario autonómico aprobado polo Parlamento de Galicia e ás ordenanzas municipais”, sinalou Sutil, quen adiantou que os traballos se desenvolverán nos próximos meses e que, ademais, incluirán unha serie de parámetros para identificar o grao de excelencia dos encontros.

Como explicou, na súa redacción será fundamental o soporte técnico de profesionais do sector para que o seu contido non se aparte dos estándares e da normativa, ao tempo que achegue melloras á hora de deseñar ferramentas novas e eficaces para a xestión, o control e o reforzo da seguridade, entre outros aspectos.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

A continuación, este texto será remitido ás entidades de certificación encargadas de validar o selo de calidade que xurdirá deste proceso e que servirá para acreditar os festivais que cumpran con todos os requirimentos recollidos no manual.

Iniciativa transversalEste proxecto é unha das iniciativas inseridas na primeira temporada de actividade de FEST Galicia, que se iniciou en xuño tras meses de traballo xunto ao sector dos festivais de música. Esta nova marca está impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Agadic, como un proxecto transversal da Xunta cos 10 eventos asociados na primeira convocatoria: PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival. O obxectivo é sumar estratexias que reforcen o apoio que xa se lles estaba brindando a este tipo de encontros mediante a convocatoria anual de subvencións, dotadas con 280.000 euros en 2018.

FEST Galicia tivo presenza nos devanditos festivais a través de espazos propios de promoción da marca, así como de divulgación e coordinación de campañas e actividades adaptadas especificamente a cada un deles e coa colaboración directa doutros departamentos autonómicos, como a Consellería de Medio Ambiente, a Secretaria Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ou a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

En canto ás industrias culturais, ademais deste proxecto de manual de boas prácticas e do selo de calidade, a Agadic promove a realización de informes de avaliación de impacto para obter datos sobre o retorno económico e social destes eventos. Nesta primeira etapa de FEST Galicia, estanse a realizar estudos de cinco dos festivais asociados (PortAmérica, Resurrection Fest, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas) a partir dos datos recollidos in situ por un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Compostela.


- Te recomendamos -