Inicio Galicia Ferreira Costa destaca o papel dos Ecoperegrinos para reducir e evitar a...

Ferreira Costa destaca o papel dos Ecoperegrinos para reducir e evitar a basuraleza nos itinerarios do Camiño de Santiago

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático participou hoxe na plantación de árbores, unha acción dentro da iniciativa Camiño da reciclaxe para protexer a contorna natural pola que transcorre a ruta Xacobea


A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, destacou esta mañá o papel dos peregrinos do Camiño de Santiago para loitar e evitar a basuraleza nos distintos percorridos deste itinerario histórico; ao tempo que se converten en embaixadores dos recunchos naturais de Galicia.

A directora xeral Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, participou na plantación de árbores, unha acción dentro da iniciativa Camiño da reciclaxe, un proxecto no que colabora a Consellería de Medio Ambiente, para protexer a contorna natural pola que transcorre a ruta Xacobea e facilitando ao peregrino e aos albergues ferramentas para poder reciclar e evitar a basuraleza.

Sinalou que unha das principais novidades desta edición do Camiño da Reciclaxe foi a Compostela do EcoPeregrino, para incrementar e dar visibilidade ao compromiso dos peregrinos coa reciclaxe e co coidado do medio ambiente. Deste xeito, animábase aos camiñantes a subir ás redes sociais unha foto da súa Compostela do EcoPeregrino con selos dos albergues participantes no proxecto baixo o cancelo #EcoPeregrino. A directora destacou que este pequeno xesto é unha gran mostra do seu compromiso ambiental e grazas á suma de todos estes esforzos a recompensa visualízase hoxe coa plantación de carballos, cerdeiras e nogueiras nunha parcela dunha hectárea de superficie na localidade de Caldas de Reis.

Cruz Ferreira Costa tamén agradeceu o traballo e implicación dos máis de 200 Ecoalbergues que participan neste proxecto e aos que se equipou con papeleiras amarelas e azuis, selos identificativos de EcoAlbergues, ecotips para concienciar da importancia do aforro de luz e auga nas súas instalacións, material informativo e bolsas reutilizables feitas con botellas de plástico recicladas para que repartan aos peregrinos e así evitar a basuraleza no Camiño.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre