Inicio Galicia Fernández-Tapias destaca a calidade do proxecto presentado polo alumnado do CPR Plurilingüe...

Fernández-Tapias destaca a calidade do proxecto presentado polo alumnado do CPR Plurilingüe Barreiro ao consumópolis-15

0
image_gallery.jpg

O traballo “Se vas a consumir, mira ben antes de elixir” quedou terceiro na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida


A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o CPR Plurilingüe de Barreiro para felicitar aos cinco alumnos deste centro que participaron na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida “Consumópolis-15, Os teus actos de consumo poder cambiar o mundo, como o farías ti?”.

Fernández-Tapias aproveitou o encontro para destacar a calidade do proxecto presentado polo equipo Barreiro 2, integrado por Jorge Valverde, Candela Pérez, Samuel Fernández, Carlos Abelleira e Roi Davila baixo a coordinación de Emma Fernández, que acadou o terceiro posto co traballo “Se vas a consumir, mira ben antes de elixir” .

Na visita, a delegada da Xunta en Vigo entregou aos cinco galardoados os diplomas que acreditan a súa clasificación na categoría de 5º e 6º de Primaria e anuncioulles que pronto recibirán o cheque de 300 euros co que está valorado este premio.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia participan na organización xunto coa Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan). Este concurso de ámbito estatal seleccionou a nivel autonómico ao CEIP Cabanas (Salcedo-Pontevedra), ao IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña) e ao IES Rosalía de Castro (Santiago) para competir na fase nacional que terá lugar en Madrid.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre