Inicio Galicia Feijóo urxe ao Goberno central a construción dun buque de aprovisionamento da...

Feijóo urxe ao Goberno central a construción dun buque de aprovisionamento da Armada para cubrir o baleiro de falta de carga de traballo de Navantia ante a demora das fragatas F-110

0

Destaca tamén a necesidade de comezar de xeito inmediato a construción do dique seco, unha obra que estaba xa comprometida para abaratar os custos das F-110


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, urxiu hoxe ao Goberno central a construción dun buque de aprovisionamento da Armada para cubrir o baleiro de falta de carga de traballo de Navantia, ante a demora da construción das fragatas F-110. “Necesitamos de forma urxente concretar o pedido deste buque ponte mentres non empecen as fragatas en 2022”, dixo, referíndose ademais a necesidade de comezar de xeito inmediato o dique seco, unha obra que estaba xa comprometida para abaratar os custos das mesmas.

Durante unha xuntanza co Comité de Empresa Navantia Fene-Ferrol, Feijóo constatou a preocupante situación do estaleiro que, de seguir así, quedará sen carga de traballo no verán, véndose afectado o cadro de persoal –máis de 2.000 empregados- e as empresas auxiliares.

Se ben, neste momento, estanse a executar 62 jackets para o parque de Saint Brieuc (Francia), Feijóo incidiu en que o Goberno de España non está a cumprir os compromisos co estaleiro galego. “Había 250 millóns no orzamento de 2018 e 250 no orzamento prorrogado de 2019, e haberá outros 250 millóns nos presupostos de 2020 para as fragatas. En definitiva, 750 millóns sen executar, sen comezar o dique, que custa 400 millóns, e sen ese barco ponte que pedimos e que estaba comprometido”, abundou, a modo de resumo.

O presidente da Xunta concluíu facendo fincapé en que a falta de carga de traballo en Navantia, unido á desleixo do Goberno central coas empresas electrointensivas, que afecta tamén á comarca, e á ameaza de peche da central térmica das Pontes, colocan á Ferrolterra nunha situación de “máxima preocupación”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre