Inicio Galicia Feijóo transmite o desexo de que as casas de Galicia de todo...

Feijóo transmite o desexo de que as casas de Galicia de todo o mundo vivan o Xacobeo porque son ?as nosas mellores embaixadas?

0

Salienta que o próximo Ano Santo será unha festa sen fronteiras, tendo en conta que hai galegos repartidos por 137 países do mundo: “É imposible que non se trate dun acontecemento global”, di


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu hoxe o desexo da Xunta e do conxunto da Comunidade Autónoma de que as casas de Galicia de todo o mundo vivan o próximo Xacobeo porque son, dixo, “as nosas mellores embaixadas”.“Queremos que trasladen a ilusión por esta cita histórica”, porque nelas “se conserva e desenvolve a cultura galega fóra de Galicia e fóra de España”, salientou Feijóo durante a clausura do Centenario da Casa de Galicia en Cantabria (1919-2019), celebrada no Centro Gallego de Santander, onde ademais foi distinguido como Socio de Honra.

O titular do Executivo autonómico lembrou que hai uns días asistiu en Santiago de Compostela ao Pleno do Consello das Comunidades Galegas, onde lles pediu aos asistentes que foran embaixadores do Xacobeo, un desexo que reiterou ás casas de Galicia, pois o próximo Ano Santo será unha festa sen fronteiras, tendo en conta que hai galegos repartidos por 137 países do mundo. “É imposible que non se trate dun acontecemento global”, abundou.

Así mesmo, durante o acto que tivo lugar no centro galego que leva o nome Airiños da Terra, subliñou que entidades coma esta son embaixadas que “van a favor de todos”, porque permiten aos galegos construír un fogar no que conservar as súas tradicións, ademais de ser “monumentos á convivencia”, que demostran que as culturas poden dialogar, crecer xuntas e complementarse.“Hoxe celebramos as sensacións que compartiron galegos de distintos puntos e de diversas xeracións ao atopar aquí a súa casa”, engadiu Feijóo, e concluíu que este centro galego é “exemplo dunha galeguidade tenaz que tamén busca o seu sitio aquí en Santander, en Cantabria”, sempre coa vocación de “proxectar Galicia”, como agarda que sigan a facer co Xacobeo 2021.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre