Inicio Galicia Feijóo salienta que os programas de axuda postos en marcha no marco...

Feijóo salienta que os programas de axuda postos en marcha no marco do Plan de reactivación achéganse xa aos 270 millóns con máis de 30.000 solicitudes

0
image_gallery.jpg

Asevera que para reactivar a economía a Xunta seguirá traballando para mandar unha mensaxe de estabilidade e de confianza, “para seguir creando emprego, para seguir creando empresas e para outorgar confianza aos investidores”


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que os programas de axuda postos en marcha no marco do Plan de reactivación e dinamización de Galicia achéganse xa aos 270 millóns de euros, con máis de 30.000 solicitudes.

Durante a asemblea da Confederación de Empresarios de Ourense, Feijóo recordou que no marco deste plan aprobáronse, entre outras medidas: unha liña específica de préstamos de ata 200.000 euros que beneficiaron a 2.200 empresas e microcréditos cos que se bonificou o 100% dos xuros a pemes e autónomos; o aprazamento das cotas de amortización dos préstamos con Igape e XesGalicia; e vacacións fiscais de impostos da Comunidade autónoma ata novembro.

Así mesmo, axilizouse o pago a provedores; activouse o servizo Igape Responde, que se converteu nunha xanela única para asesorar a todo o tecido empresarial e, de maneira singular, aos emprendedores; aprobáronse axudas para completar as prestacións de menor contía dos traballadores por ERTES e para as persoas a partir de 55 anos que perderon o seu emprego; e puxéronse en marcha medidas de conciliación.

Diálogo e traballo conxuntoAo longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego referiuse tamén aos elementos necesarios para afrontar os retos impostos pola pandemia, entre os que destacou: dar continuidade á Industria 4.0; e seguir impulsando sectores estratéxicos como a automoción, o naval, o agroalimentario e o forestal, e aqueles con potencial de crecemento como o aeroespacial ou o biotecnolóxico. “E concretamos tres proxectos tractores que temos deseñados e que presentaremos ao fondo de reconstrución europeo”, engadiu, incidindo en que para acadar todos estes obxectivos a ferramenta clave é o diálogo e o traballo conxunto.

Con este fin, resaltou que a Xunta modificou e reforzou a súa estrutura departamental, creando unha Consellería de Emprego e Igualdade e cunha Vicepresidencia económica; “e outra ferramenta que estamos utilizando é o Parlamento, coa creación dunha Comisión para a reactivación da economía. E espero que todos os grupos esteamos á altura, porque é o momento de acordar e non de discutir”, engadiu.

Se ben a Comunidade galega está a resistir mellor que a media española, cunha caída do PIB 3 puntos inferior á caída experimentada polo conxunto de España, Feijóo aseverou que queda moito traballo por facer xuntos. Ao respecto, indicou que para reactivar a economía o Goberno galego seguirá traballando para mandar unha mensaxe de estabilidade e de confianza, “para seguir creando emprego, para seguir creando empresas e para outorgar confianza aos investidores”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre