Inicio Galicia Feijóo resalta a capacidade do sector turístico para afrontar os novos retos...

Feijóo resalta a capacidade do sector turístico para afrontar os novos retos e anímao a consolidar un modelo baseado na sustentabilidade, a calidade e a tecnoloxía

0

Asevera que Galicia conta cun modelo turístico baseado na calidade, próximo e descentralizado


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a capacidade e o potencial do sector turístico para afrontar os novos retos e animouno a consolidar un modelo baseado na sustentabilidade, a calidade e a tecnoloxía.

Durante un encontro en liña co xornalista Fernando Ónega, enmarcado no ciclo Salvemos el Turismo, organizado polo Grupo Hotusa, Feijóo aseverou que Galicia conta cun modelo turístico baseado na calidade, próximo e descentralizado, referíndose ademais da súa gastronomía, á súa natureza, á súa paisaxe e á calidade das súas praias e dos seus establecementos.

Logo de destacar o turismo como un “motor clave” para a reactivación económica, o presidente da Xunta congratulouse do cambio de tendencia que está a experimentar o sector. Así, se as primeiras previsións eran nefastas, a día de hoxe vese un cambio de tendencia, no que o movemento destrutivo de reservas deixa paso ás altas, “se ben hai que ser moi cautelosos”, matizou, subliñando que a estratexia para a reactivación pasa tamén pola potenciación do turismo seguro.“Temos que recuperar a imaxe de excelencia que tiñamos como país seguro e para iso hai que sensibilizar a todas as administracións, desde as comunidades, ata os concellos e o Goberno central. Isto é un proxecto de país porque estamos a falar dunha industria que chega ata os pobos máis pequenos. Unha industria que trae investimento e emprego, á que lle interesa a sustentabilidade e a economía circular, e que é a nosa tarxeta de presentación no mundo”, abundou.

Así mesmo, aseverou que a covid-19 fai tamén imprescindible reformular o Xacobeo. “Levabamos un ano preparando o mellor Xacobeo da historia, pero lamentablemente tivemos que parar, reorientar e agora o estamos a reescribir”, confirmou.

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego reiterou a necesidade da baixada do IVE para o sector, cunha redución do 10 ao 4%, este ano e o seguinte, co obxectivo de fomentar o consumo; así como a necesidade dun plan a nivel nacional, con protocolos para garantir a seguridade.

Por último, o titular da Xunta aproveitou o encontro para recoñecer unha vez máis o esforzo e a implicación do sector, que puxo a disposición unha serie de establecementos de garda para ofrecer aloxamento a persoal sanitario, traballadores esenciais e colectivos de risco. En total, foron 128 aloxamentos na Comunidade, en 70 concellos, que facilitaron máis de 20.000 pernoitas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre