Inicio Galicia Feijóo reivindica as liñas de colaboración da Xunta cos concellos para ofrecer...

Feijóo reivindica as liñas de colaboración da Xunta cos concellos para ofrecer mellores servizos e máis oportunidades para o rural

0


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe as liñas de colaboración da Xunta cos concellos para ofrecer mellores servizos e máis oportunidades para o rural.

Durante unha visita as novas instalacións da Casa Consistorial de Abadín, Feijóo destacou este municipio como exemplo de colaboración institucional. Así, subliñou que este concello benefíciase do Fondo de compensación Ambiental, recibindo en 2018 máis de 270.000 euros procedentes do canon eólico. E en materia de emprego, lembrou que a Xunta colaborou ademais para que Abadín teña un obradoiro de emprego compartido con Vilalba e un plan de emprego con Vilalba e Mondoñedo. Iniciativas para as que a Administración autonómica achegou máis de medio millón de euros e das que se benefician 120 persoas.“E tamén temos á disposición dos concellos un Fondo de cooperación local, con máis de 120 millóns de euros cada ano” engadiu, referíndose ademais ao canon de Sogama, que a Xunta se compromete a baixar un 10% a todos os concellos que cumpran dúas condicións: repercutilo na factura aos veciños; e comprometerse á redución da produción de residuos ou incrementar as taxas de reciclaxe.

Nese obxectivo de xerar máis e mellores servizos, o presidente da Xunta concluíu aseverando que o Goberno galego seguirá apostando tamén polo valor engadido dos produtos galegos e polo turismo. Non en van, de cara ao Xacobeo 2021, o Camiño do Norte suporá novas oportunidades para os negocios locais e para dar a coñecer este concello.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre