Inicio Galicia Feijóo reitera o compromiso ?co mellor ano santo da nosa historia? e...

Feijóo reitera o compromiso ?co mellor ano santo da nosa historia? e destaca a posta en marcha do novo albergue no centro da cidade de Ourense

0

Salienta que con esta infraestrutura Ourense recupera un edificio en desuso que, nunha localización estratéxica, permitirá ao peregrino gozar da cidade durante a súa estadía


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe o compromiso co “mellor ano santo da nosa historia” e destacou a posta en marcha do novo albergue no centro da cidade de Ourense, cun investimento total de máis de 820.000 euros.

Durante unha visita ás instalacións, Feijóo aseverou que esta infraestrutura, de 647 metros cadrados e con capacidade para albergar 42 peregrinos, contribuirá a que a cidade de Ourense estea máis preparada para aproveitar a oportunidade que suporá o Xacobeo 21. Ao que lembrou, ademais, que a rede de albergues do Camiño a conformarán 70 establecementos repartidos polos distintos itinerarios oficiais.

O presidente da Xunta subliñou que este proxecto cumpre con toda a normativa de accesibilidade afondando nos obxectivos do Plan de accesibilidade turística do Camiño de Santiago. E, con esta infraestrutura recupérase outro edificio en desuso que, nunha localización estratéxica, permitirá ao peregrino gozar da cidade durante a súa estadía”, dixo.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

Así mesmo, resaltou que o edificio leva o nome de Eligio Rivas Quintas, un dos precursores no estudo e difusión dos valores asociados ao Camiño, particularmente, á Vía da Prata ou ruta Mozárabe.

Ademais de contribuír a impulsar a Vía da Prata, Feijóo asegurou que con esta obra se avanza nun dos obxectivos do Plan director do Camiño de Santiago, que persegue a diversificación e posta en valor de todas as rutas xacobeas que percorren a Comunidade. Ao fío disto, recordou que este plan se dedica, cada ano, a unha ruta xacobea e o vindeiro ano 2019 estará dedicado á Vía da Prata, que este 2018 recibiu máis de 9.000 peregrinos.

Nesta liña, salientou que esta ruta, que conta con importantes recursos naturais e patrimoniais, foi obxecto de melloras nos últimos anos, referíndose ás melloras nos albergues de Bandeira, da Gudiña, Verín, Xinzo de Limia ou Vilar de Barrio; ou ao investimento de preto de 3 millóns de euros en 2019 para mellorar, acondicionar e sinalizar esta ruta. “E traballamos tamén na especialización deste camiño para peregrinos a cabalo”, avanzou, precisando que, para este fin, no Monte do Gozo se executará un centro de acollida para os peregrinos que veñan a cabalo.

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

Ao longo da súa intervención, Feijóo salientou que a provincia de Ourense conta co mellor comportamento da demanda turística en Galicia neste 2018, cun incremento no número de viaxeiros aloxados (5,7%) e tamén no volume de noites.

O titular do Executivo autonómico concluíu garantindo o compromiso da Xunta cos proxectos culturais e turísticos da cidade como a restauración da Igrexa da Santísima Trinidade, cuxas obras se executarán en 2019; ou o convenio co Concello que se está a tramitar para a execución da segunda fase de melloras na contorna da Ponte Vella, cun orzamento de 1,1 millóns de euros. “E estamos traballando para que o Ministerio cumpra os seus compromisos de recepcionar as obras e dotar de equipamento o Arquivo provincial, e de licitar as obras do Museo Arqueolóxico”, concluíu.


- Te recomendamos -