Inicio Galicia Feijóo refírese aos emprendedores como un elemento clave para a reactivación económica...

Feijóo refírese aos emprendedores como un elemento clave para a reactivación económica e social tras a pandemia como o foron para saír da crise de 2008

0

Destaca a necesidade de seguir apostando pola dixitalización das pemes do comercio e dos autónomos, polas solucións tecnolóxicas que faciliten o teletraballo e pola transformación dixital dos proxectos empresariais no rural


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe aos emprendedores como un elemento clave para a reactivación económica e social tras a pandemia, como o foron para saír da crise de 2008.

Durante a súa participación, xunto ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, nun webinario sobre dixitalización de pemes e comercio online, organizado por AJE Galicia, Feijóo incidiu na necesidade de traballar cóbado con cóbado cos novos emprendedores, fundamentais para dinamizar de novo a economía e para garantir o emprego.

Nesta liña, destacou a necesidade de seguir apostando pola dixitalización das pemes do comercio e dos autónomos, polas solucións tecnolóxicas que faciliten o teletraballo e pola transformación dixital dos proxectos empresariais no rural; ademais de fomentar a internacionalización dos produtos e o comercio de proximidade. Todos eles obxectivos que se impulsan no Plan de dixitalización que mobilizarán 40 millóns de euros.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta subliñou tamén a capacidade do sistema de innovación galego para impulsar proxectos innovadores ante a covid-19, transferibles ao sector da saúde, da industria e do comercio.

Deseñar a Galicia do futuro e afrontar a recuperación da covid-19O presidente autonómico fixo fincapé en que unha situación extraordinaria precisa de medidas extraordinarias e insistiu na importancia de que as administracións consensúen cos axentes socioeconómicos medidas para inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos, que están a sufrir os efectos do estado de alarma.

Ao respecto, referiuse, a modo de exemplo, á liña de financiamento a través de préstamos, que permitirá mobilizar no tecido empresarial galego 250 millóns de euros; ao aprazamento das cotas de amortización e xuros dos préstamos formalizados coa Comunidade, de forma que as cantidades se poidan devolver ao vencemento final actual dos préstamos -uns préstamos que, no seu conxunto, suman 265 millóns de euros-; ou á suspensión de prazos para a presentación dos impostos de transmisións patrimoniais, sucesións e tributos do xogo -ata o 30 de xuño, prorrogable-.

En definitiva, acompañar máis que nunca ao tecido empresarial neste novo contexto económico garantindo liquidez e poñendo en marcha medidas a prol dos emprendedores.

Diante disto, Feijóo quixo destacar e agradecer o labor do comité de expertos económicos para deseñar a Galicia do futuro e afrontar a recuperación da covid-19 coas máximas garantías. Un comité que aportou iniciativas no eido laboral, como a flexibilización de xornada, bonificacións nas cotas ou protocolos de volta á actividade; e no ámbito financeiro, como o apoio á adaptación do tecido empresarial ou a posta en marcha dun fondo para investir en empresas afectadas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre