Inicio Galicia Feijóo refírese á Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón como exemplo de que...

Feijóo refírese á Bienal de Cartelismo Francisco Mantecón como exemplo de que a idea de que o contacto co exterior engrandece as nosas capacidades é unha constante na nosa idiosincrasia

0

“Mediante o viño e o cartelismo Galicia proxéctase ao exterior e incorpora técnicas, tendencias e iniciativas que nos axudan a ser mellores”, di


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse, hoxe, á entrega dos premios da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda-Concurso Francisco Mantecón como un exemplo máis de que a idea de que o contacto co exterior non merma as nosas capacidades, senón que as engrandece, é unha constante na nosa idiosincrasia.“Mediante o viño e o cartelismo Galicia proxéctase ao exterior e incorpora técnicas, tendencias e iniciativas que nos axudan a ser mellores”, dixo, incidindo en que o Grupo Terras Gauda e este certame, que chega a súa 14 edición, proban que a Galicia interdependente nos engrandece e amplía os nosos horizontes.

Ao longo da súa intervención, Feijóo subliñou que esta Bienal Internacional converteuse xa nun fito máis nese relato no mundo que os galegos non cesamos de escribir. “Estes 1.435 carteis procedentes de 66 países diferentes, forman unha enorme ponte que une Galicia con países afastados que se fan próximos, como Bangladesh, Camerún e Monzambique, os últimos en incorporarse a esta gran irmandade artística”, explicou, incidindo en que a través deles, Galicia e o mundo volven a entrelazarse cun resultado magnífico.

Logo de recordar que se se ten en conta todas as edicións celebradas, son un total de 18.000 os carteis presentados, procedentes de 100 nacións, o presidente da Xunta enxalzou a implicación de todos os artistas participantes, noveles e consagrados, e a súa creatividade para interpretar un produto netamente galego que será a nosa embaixada en moitos lugares do mundo.

Feijóo concluíu aseverando que viño e cartelismo son ademais unha mostra da capacidade da Comunidade para non quedar nunca rezagada nas grandes correntes económicas e culturais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre