Inicio Galicia Feijóo refírese á automoción galega como un éxito colectivo que ten moito...

Feijóo refírese á automoción galega como un éxito colectivo que ten moito camiño por percorrer grazas ás apostas pola industria 4.0

0

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table

MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

Asevera que a Xunta nin foi nin é allea á conversión de Vigo nun dos polos da automoción mundial, como proban os 115 millóns achegados nos últimos anos na comarca para mellorar a competitividade e contribuír á creación de emprego cualificado


Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

Vigo, 23 de novembro de 2018.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á automoción galega como un éxito colectivo que ten moito camiño por percorrer grazas ás apostas pola Industria 4.0.

Durante o acto de celebración do XXVI Aniversario do Círculo de Empresarios de Galicia e imposición da Medalla de Ouro a Emilio Pérez Nieto, presidente de honra de Pérez Rumbao, Feijóo aseverou que a Xunta de Galicia nin foi nin é allea á conversión de Vigo nun dos polos da automoción mundial, como poñen de manifesto os 115 millóns de euros achegados nos últimos anos na comarca viguesa para mellorar a competitividade e contribuír ao emprego cualificado deste sector; e o Plan Emprega automoción 2018-2020, dotado con 20 millóns de euros. Así mesmo, destacou tamén a Lei de implantación empresarial que naceu co propósito de facilitar os trámites administrativos, de maneira que sexan unha garantía pero non un atranco para os proxectos empresariais. Un normativa grazas á cal, por exemplo, a empresa Benteler construirá en Mos, que forma parte dos Concellos Emprendedores, unha nova planta, cun investimento de 20 millóns de euros. Ao longo da súa intervención, o titular do Executivo autonómico incidiu na importancia de fuxir da política irracional e practicar a racional; e de actuar con responsabilidade e nunca con lixeireza, expresando o desexo de que ningunha normativa improvisada poña en risco un sector que, na Comunidade, representa o 14% do PIB galego. En relación ao galardoado, Feijóo destacou o traballo e a constancia de Emilio Pérez Nieto que, con tan só 23 anos, asumiu a dirección da empresa familiar, ata o 2012, cando pasa a ser presidente de honra.  “Quen hoxe recibe a Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios optou moi cedo por unha idea sobre a presenza social do empresario que propiciaba a asociación, a unión e o intercambio de experiencias”, dixo, lembrando que Emilio Pérez Nieto reivindica sempre o orgullo de ser emprendedor. Nesta mesma liña, resaltou que os dez anos a fronte do Consello Social da Universidade marcan un fito nas relacións entre a institución universitaria e o mundo empresarial galego, acorde coa colaboración que xa existía desde tempo atrás nos países máis avanzados do mundo. Feijóo concluíu recordando que hoxe, o Grupo Pérez Rumbao ten unha dobre actividade comercial e industrial. É líder na distribución de automóbiles e vehículos industriais, e fabrica carrocerías para autobuses, autocares e automóbiles especiais que chegan a mercados tan afastados como Australia ou Xapón. “Forma parte en suma dun dos sectores estratéxicos da nosa economía”, incidiu.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre