Inicio Galicia Feijóo propón á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia seguir...

Feijóo propón á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia seguir a traballar conxuntamente para avanzar na plena inclusión

0

Nese compromiso da Xunta salienta iniciativas como os programas formativos, de inserción laboral e de adquisición de habilidades para a vida autónoma; e o servizo de atención psicolóxica e logopédica para rapaces cun implante ou prótese auditiva

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo hoxe á Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia seguir a traballar conxuntamente para avanzar na plena inclusión; “para achegar as ferramentas e o apoio necesario para que todas as persoas xordas poidan participar na sociedade en igualdade de condicións”, dixo, garantindo nesa meta o pleno compromiso da Xunta.

Durante o acto de celebración do 40 aniversario da FAXPG, Feijóo recordou así que este compromiso se traduce en melloras que redundan nunha maior calidade de vida, “e que fomos realizando xuntos ao longo destes anos”, aseverou, referíndose á iniciativas como o servizo de atención psicolóxica e logopédica para rapaces cun implante ou prótese auditiva; aos programas formativos, de inserción laboral e de adquisición de habilidades para a vida autónoma; á achega anual -800.000 euros- coa que o Goberno galego apoia e impulsa o labor desta federación; ou, por exemplo, á adaptación do himno galego á Lingua de Signos Española, que se publicou o ano pasado e que hoxe está dispoñible na páxina web da Xunta.“Trátase, en definitiva, de avanzar da man da sociedade no recoñecemento do importante papel das persoas xordas na Galicia do futuro”, aseverou, recordando que os grandes avances sociais se compoñen de moitos nomes propios.“Nomes coma os de Mercedes Santos, cuxa traxectoria a prol das persoas xordas é un exemplo de que o impulso e a vocación inquebrantable dunha persoa pode mover montañas. Nomes propios como os das persoas que forman a comunidade educativa do colexio coruñés Nuestra Señora del Rosario, que ofrece unha Educación Secundaria Obrigatoria cunha programación 100% adaptada para as persoas xordas, e que conta tamén cun servizo de atención temperá que está á disposición das familias con nenos de ata cinco ano”, dixo, en relación aos premiados, destacando tamén ao galardoado Adolfo Domínguez, por poñer en relevo que abrir as portas á inclusión laboral pode axudar ás empresas a aproveitar o talento das persoas con discapacidade.

O maior investimento en discapacidade da historia de GaliciaAo longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico constatou que todo este impulso da sociedade civil galega acompáñase co maior investimento público na discapacidade da historia de Galicia: 115 millóns de euros. “A Xunta destinará en 2020 un 77% máis do que se orientaba a este obxectivo en 2009”, afirmou, convencido de que a Galicia da próxima década será moito máis próspera e plural se conta coas achegas de todos.

O presidente do Goberno galego concluíu insistindo na necesidade de seguir derrubando barreiras e felicitando a Yolanda López, traballadora da FAXPG, que onte presidiu unha mesa electoral na Coruña.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre