Inicio Galicia Feijóo presenta ante Felipe VI un novo Goberno galego centrado en paliar...

Feijóo presenta ante Felipe VI un novo Goberno galego centrado en paliar os efectos da pandemia e cun compoñente social e económico moi importante

0
image_gallery.jpg

Asegura que a sanidade seguirá sendo unha das prioridades desta lexislatura


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe á S. M. o Rei Felipe VI un novo Goberno galego centrado en paliar os efectos da pandemia, cun compoñente social e económico moi importante e no que a sanidade seguirá sendo unha das prioridades desta lexislatura.

Tras a recepción no Palacio da Zarzuela, despois de ser investido a pasada semana presidente da Xunta, Feijóo aseverou que os galegos optaron o 12 de xullo pola moderación e a estabilidade dunha forma determinante e moi clara; e aproveitou o encontro para avaliar a situación da pandemia na Comunidade.

Sobre este punto, o responsable do Executivo galego valorou a nova de que o laboratorio americano Novavax decidise que un laboratorio galego da provincia de Pontevedra participe na fabricación da vacina para Europa. “Unha decisión que reflicte a aposta pola profesionalidade e o rigor de como traballamos en Galicia”, aseverou.

Feijóo aproveitou o encontro para, novamente, poñer en valor o traballo do comité clínico do Servizo Galego de Saúde, formado por 35 profesionais que, segundo afirmou son “a chave do rigor” co que Galicia está a intentar xestionar a pandemia: “Fórono desde o 27 de febreiro, data na que constituímos a comisión interdepartamental da covid no Goberno; fórono desde o 1 de marzo, cando empezamos a comprar respiradores e evitamos o colapso das UCI; e seguen a selo porque todos os mércores nos reunimos para tomar decisións para os próximos sete días”, precisou.

Por último, o presidente da Xunta e o Rei abordaron tamén outros asuntos de grande interese para Galicia como o problema de Alcoa e As Pontes; os proxectos tractores que a Comunidade presentará ao Fondo europeo de reconstrución; e o Xacobeo 2021. Ao respecto, e como embaixador vitalicio do Camiño de Santiago, Feijóo pediu a axuda da S. M. Felipe VI para ampliar esta celebración ata xullo de 2022.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre