Inicio Galicia Feijóo pon en valor o sector agroalimentario galego, clave para entender Galicia:...

Feijóo pon en valor o sector agroalimentario galego, clave para entender Galicia: "Para o que é e para o que queremos seguir sendo"

0
image_gallery.jpg

Asevera que hoxe a Comunidade conta cunha industria agroalimentaria composta de empresas que queren seguir diversificando e apostando pola calidade, pola innovación e pola apertura cara a novos mercados


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, puxo hoxe en valor o sector agroalimentario galego, unha industria clave para entender Galicia, “para o que foi, para o que é e para o que queremos seguir sendo”, aseverou.

Durante a entrega dos Premios Galicia Alimentación 2020, Feijóo aseverou que hoxe Galicia conta cun sector agroalimentario composto de empresas que queren seguir diversificando e apostando pola calidade, pola innovación e pola apertura cara novos mercados.

Para acadar este obxectivo, o titular do Goberno galego garantiu o apoio da Administración autonómica, como o demostrou todos estes anos coa posta en marcha de unidades mixtas de investigación, da aceleradora Business Factory Food, dos hubs de innovación dixital ou do programa Fábrica intelixente, entre outras iniciativas.“E seguiremos traballando xuntos, porque estamos a falar dun sector tractor, dun sector económico que xera emprego e riqueza, que posibilita que siga existindo o rural e que conta cunha enorme capacidade”, explicou, destacando a posta en marcha durante a pandemia de Mercaproximidade, unha canle alternativa de venda de produtos á que se adheriron máis de 450 gandeiros, agricultores e industrias, e practicamente todas as cadeas de distribución que operan na Comunidade.

No tocante aos premiados, Feijóo aseverou que todos eles son exemplo do afianzamento dos retos conseguidos polo sector. O reto de crear un produto diferenciado e de calidade, como demostra a empresa Innolact SL, co primeiro queixo crema kéfir para untar do mercado; ou a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, cos xeados Bico de Xeado.

De Vegalsa Eroski destacou o seu compromiso coa Comunidade, creando emprego e apostando polos produtos de proximidade; da empresa lucense Torre de Núñez de Conturiz SLU resaltou o obxectivo de consolidar a súa posición no mercado nacional; e dos galardoados cos premios honoríficos Galicia Alimentación –Juan Antonio Vázquez Gancedo, director xeral de Bodegas Martín Códax, e David Corral Pombo, fundador de Mieles Anta-, aseverou que representan o reto de contribuír ao desenvolvemento do sector alimentario a través da internacionalización.“E cómpre resaltar tamén o compromiso da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC coa investigación no eido dos produtos lácteos”, concluíu, facendo fincapé na importancia que para o sector supón a profesionalización, a planificación e a estratexia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre