Inicio Galicia Feijóo louva o esforzo compartido dos municipios para facilitar investimentos e destaca...

Feijóo louva o esforzo compartido dos municipios para facilitar investimentos e destaca que nos vindeiros meses 1 de cada 3 será Concello Emprendedor

0

Salienta que ter esta distinción significa compartir coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, gabou hoxe o esforzo compartido dos municipios para facilitar investimentos e xerar emprego e destacou que nos vindeiros meses 1 de cada 3 será Concello Emprendedor.

Durante o acto de entrega de acreditacións Concello Emprendedor aos primeiros 47 municipios sumados a esta iniciativa, Feijóo salientou que ter esta distinción significa compartir coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica; e ser unha Administración consciente de que os trámites administrativos teñen que ser un garante e non unha encrucillada que retarde ou disuada o labor das empresas.“E supón, en definitiva, responder ás necesidades do tecido produtivo con menos trabas burocráticas, máis incentivos fiscais e máis facilidades para a adquisición de solo industrial, para que iso se traduza en riqueza e emprego. É dicir, un chamamento á cooperación institucional para que toda empresa que se decida a investir en Galicia non atope a porta de ningunha Administración pechada”, abundou.

Leer más:  El TSXG ratifica la decisión de un juzgado de Vigo que consideraba válida la extensión del contrato del servicio municipal de agua

Os concellos emprendedores redobrarán os seus recursos para dinamizar a economíaAo longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico fixo fincapé na importancia de que cada vez sexan máis os concellos que se sumen a esta iniciativa. “Todos somos axentes económicos; todos temos responsabilidade na marcha da economía: os traballadores, a clave fundamental; os emprendedores e todas as administracións públicas, locais, autonómica e estatal”, dixo, incidindo en que Galicia conta con “313 oportunidades para dar unha mensaxe a todos os emprendedores que están mirando onde poñerse e crecer”.

Así mesmo, lembrou que os concellos emprendedores terán prioridade nas diferentes axudas que a Xunta aprobe en materias como o emprego, o desenvolvemento de parques e viveiros empresariais ou a modernización do comercio local. É dicir, serán destinatarios preferentes para o desenvolvemento de iniciativas como, por exemplo, a constitución dalgún dos obradoiros duais en ámbitos como a posta en valor do Camiño de Santiago ou o sector forestal.

Feijóo subliñou que os concellos emprendedores contribuirán, polo tanto, a dar máis difusión ás medidas que recolle a Lei de implantación empresarial. E, sobre este punto, recordou que un dos principais obxectivos desta norma é achegar máis simplificación administrativa nas tramitacións de proxectos.“E seguiremos poñendo facilidades a estes municipios como é a construción de polígonos á medida, a creación do Censo de solo empresarial de Galicia para coñecer a oferta e a demanda en cada zona; o pagamento aprazado e sen xuros na compra das parcelas ou rebaixando ata un 50% os prezos de solo industrial ou constituíndo dereitos de superficie xuros na compra das parcelas”, engadiu.

Leer más:  Tres personas detenidas en libertad con obligación de comparecer en el marco de la 'Operación Vodka'

Así mesmo, destacou os incentivos fiscais que a Xunta achega ás empresas que decidan instalarse ou expandirse nalgúns dos seus polígonos industriais como, por exemplo, evitarlles o pagamento das cotas do imposto de actos xurídicos documentados; e que nos concellos emprendedores se traducirá en bonificacións de ata o 95% de impostos locais como o IBI, o ICIO e o IAE, sempre que estea garantida a creación de postos de traballo.

Feijóo rematou a súa intervención aseverando que os últimos datos de exportacións constatan a necesidade de seguir por esta senda. Non en van, no mes de febreiro as exportacións galegas creceron un 5,1% con respecto ao ano pasado, máis do dobre que en España (2,3%).


- Te recomendamos -