Inicio Galicia Feijóo lembra que Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con...

Feijóo lembra que Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos

0

Destaca e agradece a vocación de servir aos demais “e de poñer todo o voso empeño para facer unha Galicia e unha España mellor”


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lembrou hoxe que Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos.

Durante a inauguración do XX Congreso Estatal de Voluntariado 2018, Feijóo destacou e agradeceu a vocación de servir aos demais “e de poñer todo o voso empeño para facer unha Galicia e unha España mellor”.

Conscientes de que a suma de accións benéficas, por pequenas que parezan por separado, é capaz de cambiar o mundo, o titular do Executivo autonómico referiuse ás iniciativas postas en marcha pola Xunta para fomentar o espírito voluntario desde moi novos, entre as que destacou: a publicación do libro Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias, destinado a nenos de infantil e primaria; e a introdución no currículo de secundaria a materia de Voluntariado, que xa se imparte en dous centros educativos galegos –o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa e o Colexio Divina Pastora de Ourense-, “aos que esperamos que nos vindeiros cursos se sumen outros institutos”.

Así mesmo, salientou que o voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais.

Feijóo concluíu subliñando que Galicia é, ademais, a única comunidade autónoma e a única rexión europea que certifica a acción voluntaria. E agradeceu o labor dos comités científico, técnico e de expertos deste congreso, integrado pola Plataforma do Voluntariado de España, as tres universidades galegas e entidades sociais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre