Inicio Galicia Feijóo invita ás empresas e administracións a seguir colaborando para xerar máis...

Feijóo invita ás empresas e administracións a seguir colaborando para xerar máis emprego e aproveitar as oportunidades que ten Ourense

0

Refírese tamén á importancia de continuar impulsando a formación adaptada ao tecido produtivo para poder dar resposta ás demandas da Industria 4.0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, invitou hoxe ás empresas e administracións a seguir colaborando para xerar máis emprego e aproveitar as oportunidades que ten Ourense.

Durante a clausura da asemblea da Confederación de Empresarios de Ourense, Feijóo destacou algúns dos grandes proxectos empresariais que alberga a provincia como exemplo do camiño a seguir e incidiu no emprendemento como o mellor antídoto contra a despoboación.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo galego referiuse, tamén, á importancia de continuar impulsando a formación adaptada ao tecido produtivo para poder dar resposta ás demandas da Industria 4.0. Ao respecto, lembrou que o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional será unha fonte de oportunidades para que os alumnos adquiran unha formación cunha boa inserción laboral; así como unha oportunidade para que as empresas atopen os perfís que demandan.

Feijóo aproveitou a celebración deste acto para render homenaxe a José Manuel Pérez Canal, “un home –dixo- que cría no potencial das empresas desta provincia e tamén no potencial de Ourense para albergalas”.

Ademais da calidade humana, o titular da Xunta resaltou a súa traxectoria pilotando a transformación de Aceites Abril, ata convertela na empresa próspera e internacionalizada que todos coñecemos hoxe. Non en van, grazas á súa internacionalización o 30% da facturación da empresa procede do exterior e os seus produtos están presentes en 40 países do mundo.

Feijóo concluíu subliñando que esa querencia pola terra, pola sociedade na que se inscribe, tamén a exercía Pérez Canal con apostas como o patrocinio de equipos de categorías inferiores de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre