Inicio Galicia Feijóo incide na importancia do traballo conxunto de profesionais e administracións para...

Feijóo incide na importancia do traballo conxunto de profesionais e administracións para afrontar os retos do futuro e manter a equidade, a universalidade e a accesibilidade da Sanidade Pública

0

Subliña que as comunidades e o Goberno central teñen que afrontar retos como a mellora do sistema informático; a falta de profesionais en atención primaria e en determinadas especialidades, así como a sustentabilidade do sistema


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á importancia do traballo conxunto de profesionais e administracións para afrontar os retos do futuro e manter a equidade, a universalidade e a accesibilidade da Sanidade Pública.“Temos que seguir avanzando para xuntos afrontar os retos”, dixo, subliñando que as comunidades e o Goberno central que saia das vindeiras eleccións teñen que afrontar retos como a mellora do sistema informático do Sistema Nacional de Saúde; a falta de profesionais en atención primaria e en determinadas especialidades, así como a sustentabilidade do sistema.

Durante a cerimonia de entrega da XIV edición dos Premios Best in Class (BIC), Feijóo aseverou que “nos esperan miles de retos e precisamos recursos", asegurando que a Sanidade Pública é para un presidente autonómico a súa principal prioridade.

Non en van, salientou que as Comunidades destinan entre o 40 e o 44 % dos seus orzamentos para esta materia. Así mesmo e a modo de exemplo, lembrou que os 1.000 millóns de euros que Galicia destina ao gasto farmacéutico “son tres veces máis que todo o gasto das universidades galegas”.

O presidente da Xunta concluíu con palabras de recoñecemento para todos os premiados e, moi especialmente, para os servizos da Sanidade Pública galega galardoados nestes premios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre