Inicio Galicia Feijóo incide na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para...

Feijóo incide na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para abordar os retos de futuro

0

A Xunta incrementou un 75% a achega aos Centros de Investigación de Excelencia das tres universidades


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe, durante a apertura do curso académico da Real Academia Galega de Ciencias, na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para achegar certezas, mellorar a realidade que vivimos e abordar os retos de futuro.

Así, a Xunta está a traballar para ofrecer cada vez políticas máis a longo prazo e axudas regulares e previsibles que fortalezan o tecido investigador, ademais de incrementar un 75% a achega aos Centros de Investigación de Excelencia.

Ao respecto, aseverou que ao longo destes anos a Administración autonómica avogou por cambiar un modelo fundamentado en meritorias investigacións individuais e equipos reducidos por un modelo actual, no que os científicos da comunidade traballan en centros de investigación de excelencia con máis de 200 persoas, o que facilita a interdisciplinariedade e permite ademais configurar redes amplas de carácter europeo e mundial.

Así mesmo, cómpre salientar que cada ano 150 investigadores do Sistema Universitario Galego estanse a formar con axudas da Xunta en prestixiosos centros no estranxeiro; e 300 investigadores están a realizar a súa tese doutoral con contratos regulados.

O titular do Executivo autonómico aseverou que nunca a ciencia feita en Galicia tivo tanta relevancia e presencia internacional, referíndose, a modo de exemplo, ao propio presidente da Academia, Lema Rodicio, ata a traxectoria dos novos académicos que hoxe entran a formar parte desta casa: Xosé Bustelo, Luis Liz Marzán, Manuel de León, Aníbal Figueiras e Beatriz González que, nas distintas disciplinas nas que traballan –desde a investigación en cancro aos biomateriais-, tratan de resolver incógnitas que permitan seguir avanzando como sociedade.

Logo de dar a en hora boa aos novos académicos, Feijóo aproveitou o acto para valorar tamén o feito de que a ciencia cada vez teña máis e máis voces de muller. Sobre este último punto, lembrou o apoio e o recoñecemento da Xunta a través do premio Wonenburger, que leva o nome desta gran matemática e cuxa nova edición entregarase a vindeira semana.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre