Inicio Galicia Feijóo incide en que a recuperación e a rehabilitación do patrimonio dos...

Feijóo incide en que a recuperación e a rehabilitación do patrimonio dos concellos será nos próximos anos unha prioridade para Galicia

0


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á rehabilitación do antigo mercado de Moraña nun edificio multiusos como un exemplo do que queremos na Galicia dos próximos anos, na que a recuperación do noso patrimonio, aseverou, debe ser unha das prioridades. “Estamos a falar dun concello modelo, orgulloso do seu pasado, apostando pola rehabilitación”, abundou.

Durante unha visita ás novas instalacións, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá apostando pola cooperación cos concellos como se reflicte no Fondo de Cooperación Local e subliñou que esta obra, na que converxeron varias administracións co mesmo obxectivo de ofrecer benestar aos veciños do municipio, é desde hoxe unha peza máis do gran patrimonio que ten a nosa Comunidade. Un patrimonio que se verá incrementado, destacou, coa rehabilitación, neste momento, dun local social no lugar de Alende, na parroquia de Santa Xusta, onde a Administración autonómica tamén autorizou unha unidade de terapia para persoas con Alzhéimer.

No eido das infraestruturas, o titular da Xunta referiuse tamén á construción dunha senda peonil no lugar de Silvoso, que conecta toda a parroquia de Santa Cruz de Lamas co casco urbano, así como á reforma das instalacións municipais do campo de fútbol de Mirallos, un proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente e da Secretaría Xeral para o Deporte e que vén de licitarse.

Feijóo tivo ocasión na visita de ver a exposición Moraña C.

F. 50 Aniversario e o Belén feito pola Asociación de Mulleres Rurais O Menhir, que representa ao pobo de Moraña, coas súas igrexas, capelas, os seus ríos, os seus edificios emblemáticos e o seu casco urbano de 1950.

O presidente do Goberno galego aproveitou o acto para destacar o labor desta asociación e o seu compromiso co rural. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre