Inicio Galicia Feijóo garante o compromiso co tecido industrial galego para que a través...

Feijóo garante o compromiso co tecido industrial galego para que a través da innovación, a calidade e a materia prima siga abríndose a novos mercados

0

Destaca que Galicia atopou na China un mercado con enormes posibilidades para os sectores económicos galegos e avoga por seguir fortalecendo ese vínculo


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso co tecido industrial galego para que a través da innovación, a calidade e a materia prima siga abríndose a novos mercados.

Nesta liña, e durante unha visita ás instalacións de Conservas Albo, con motivo do seu 150 aniversario, destacou que a Comunidade atopou na China un mercado con enormes posibilidades para os sectores económicos galegos e avogou por seguir fortalecendo ese vínculo. Non en van, o investimento chinés en Galicia desde 2009 foi ascendendo cada ano e “somos a oitava comunidade que máis exporta a este país”, precisou.

Logo de recordar as vantaxes que, a través da Lei de implantación empresarial, ofrece Galicia, á hora de acceder a solo industrial, de acurtar os prazos de tramitación das iniciativas empresariais consideradas como prioritarias, e de ofrecer bonificacións fiscais ás empresas que se instalen en chan industrial galego; o titular da Xunta agradeceu a aposta que Shanghai Kaichuang e, con ela, Bright Food, fixeron cando optaron pola calidade e o bo facer da industria conserveira galega.

Ao respecto, resaltou que Conservas Albo pechou 2018 cun récord histórico en volume de negocio, con máis de 93 millóns de euros. E, aseverou que esta conserveira encarna o esforzo que ao longo destes anos o sector industrial na comunidade veu facendo por ser máis competitivo, máis innovador e máis internacional; é dicir, por liderar os primeiros postos do marcado e espertar o interese de novos investimentos.

Feijóo recordou as excelentes cifras que marcou o sector da conserva en Galicia no primeiro trimestre deste ano, entre xaneiro e marzo, ao bater un récord de exportacións: cun volume de vendas desta industria que creceu un 6% nese período, vendendo ao exterior máis de 50.000 toneladas, o que se traduce en 240 millóns de euros. E aproveitou o acto para agradecer á multinacional Bright Food a invitación, por segundo ano consecutivo, á feira internacional de importación de Shanghai, que terá lugar no mes de novembro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre