Inicio Galicia Feijóo gaba a rede social que conforma a extensa lista de persoeiros...

Feijóo gaba a rede social que conforma a extensa lista de persoeiros bos e xenerosos de Galicia e sitúa esta comunidade como unha das que amosa maior compromiso social

0

Eloxia a traxectoria profesional e persoal desta artista que fixo da súa vila natal un referente da música e da solidariedade co Festival da Luz

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2018.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, gabou esta mañá a rede social que conforma a extensa lista de persoeiros bos e xenerosos de Galicia e situou a Comunidade como unha das que amosa maior compromiso social. Ao que engadiu que “tanto a Fundación Amigos de Galicia como Luz Casal terían que figurar por xustiza entre eses bos e xenerosos”.  Fíxoo na entrega do Grelo de Ouro á cantante, onde tamén eloxiou a traxectoria profesional e persoal desta artista internacional de Boimorto, que non só recolle éxitos como solista, senón que fixo da súa vila natal un referente da música e da solidariedade co festival que creou e ao que lle dá nome, o Festival da Luz. Un festival que crece no número de asistentes en cada edición e que na súa reivindicación do rural conta co apoio do Goberno galego.  “Hai sentimentos que non teñen fronteiras, e mulleres como Luz Casal saben interpretalos e convertelos en letras e músicas que xa forman parte de nós para sempre” abundou.  Do mesmo xeito, amosou a súa admiración polo labor que desempeña a Fundación Amigos de Galicia, que concede cada ano esta distinción, na loita contra a pobreza, a protección da infancia, o impulso do emprego, a defensa das mulleres en situación vulnerable, a atención aos emigrantes e o coidado dos retornados. “A Fundación Amigos de Galicia é unha luz para Galicia” , dixo.  Ao fío de todo isto, reflexionou sobre a acepción máis xenuína de rede social, como  aquela que alude á solidariedade, á xenerosidade e ao interese polos demais, impedindo que moitos caian na crónica marxinación e implicando a toda a sociedade.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

- Te recomendamos -