Inicio Galicia Feijóo enxalza a ?vía galega? que, inspirada nos valores do Camiño de...

Feijóo enxalza a ?vía galega? que, inspirada nos valores do Camiño de Santiago, non levanta muros senón que tende pontes e non enfronta os galegos senón que os une máis

0

Asevera que nesa vía, os galegos afincados no exterior, tiveron un papel protagonista, xa que nesas entidades se fraguou un galeguismo de todos e para todos antes de que se fixese real

Nuns días nos que se fala de moitas “vías”, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a “vía galega” que, inspirada nos valores do Camiño de Santiago, non se basea en saltos senón en pasos seguros, non enfronta os galegos senón que os une máis e non levanta muros senón que tende pontes.

Durante un encontro coa colectividade galega en Cataluña, Feijóo aseverou que nesa vía os galegos afincados no exterior tiveron un papel protagonista, “porque neste grande éxito colectivo que é a nosa terra, entidades como as vosas serviron de avanzada”, dixo, incidindo en que nelas conviviron opinións diversas antes de que o autogoberno fose unha realidade, practicouse o parlamentarismo antes de que o Parlamento galego existise, e fraguouse un galeguismo de todos e para todos antes de que se fixese real.“Aprendestes que a suma de identidades non é un hándicap, senón unha vantaxe porque cada identidade é unha ventá aberta cara a realidades complementarias”, abundou, facendo fincapé en que cando se obriga a alguén a elixir entre a súa afiliación española, catalá ou galega, estase amputando unha parte da súa personalidade.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

O presidente do Goberno galego recoñeceu como “natural” que aos galegos, que levamos tantos séculos peregrinando desde “o castro primitivo ata a Galicia europea e española”, nos custe entender a querenza polas rupturas, subliñando que calquera día do ano, na praza do Obradoiro se desmente a idea de que as diferentes culturas, linguas e crenzas non poden convivir.

O titular da Xunta concluíu aseverando que Galicia é hoxe máis galega ao ser tamén española e europea. “A nosa cultura e a nosa lingua non sufriron menoscabo; desfrutan dun novo Rexurdimento. O galeguismo é unha casa común onde reina a tolerancia”, dixo, expresando o desexo de que algún centro galego do exterior que serviu de escaparate a ideas contrarias á convivencia, saiba rectificar para seguir fiel á identidade do asociacionismo galego. 


- Te recomendamos -