Inicio Galicia Feijóo di que os galegos do futuro terán na obra de Siro...

Feijóo di que os galegos do futuro terán na obra de Siro unha guía fiel para entender á Galicia que esperta á democracia e o autogoberno

0

Destaca ao galardoado, Siro López, como un dos grandes cronistas de toda unha época “co lapis, coa tecla e coa voz”

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que os galegos do futuro terán na obra de Siro unha guía fiel para entender a Galicia que esperta á democracia e o autogoberno.

Feijóo participou hoxe na entrega da quinta edición do Premio José Luis Alvite, outorgado pola Asociación de Xornalistas de Galicia a Siro López, un dos grandes cronistas de toda unha época, un comunicador total xa sexa “co lapis, coa tecla e coa voz”, dixo en referencia o seu labor como debuxante, pintor, xornalista, caricaturista, escritor e ensaísta.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta asegurou que os galegos do futuro sorrirán coas súas ilustracións, caricaturas e textos, porque unha das características do humor é que non envellece, nin caduca, nin pasa de moda. “É inmortal”, sentenciou, engadindo que a través do humor, galegos de épocas distantes poden atoparse e compartir un xeito de ver a vida que se transmite de xeración en xeración.

Así mesmo, sinalou que o humor e a caricatura son armas poderosas porque non pretenden selo, como demostra Siro, que o utiliza para retratar un país ao que quere como é e ademais faino suxerindo sen ferir, mantendo sempre un elegante respecto aos seus personaxes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre