Inicio Galicia Feijóo destaca un investimento de 7 millóns de euros entre 2019 e...

Feijóo destaca un investimento de 7 millóns de euros entre 2019 e 2020 para apoiar o sector vitivinícola no eido da comercialización e a promoción e para a reestruturación de viñedos

0

Constata ademais que o Goberno galego está a elaborar un Plan estratéxico e de dinamización territorial das 5 denominacións de orixe, co obxectivo de mellorar tanto o posicionamento dos viños galegos como das comarcas que representan

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe un investimento de 7 millóns de euros entre 2019 e 2020 para apoiar ao sector vitivinícola no eido da comercialización e a promoción e para a reestruturación de viñedos. Así, estanse a destinar máis de 2 millóns para a promoción do viño en terceiros países fóra da Unión Europea, máis de 4 millóns para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e máis de 1 millón de euros para a reestruturación e reconversión permitindo, ademais, que os viticultores realicen as plantacións cos seus propios medios sen necesidade de recorrer a empresas.

Durante a entrega dos premios D.

O. Ribeiro 2019, Feijóo confirmou ademais que a Administración autonómica está a elaborar un Plan estratéxico e de dinamización territorial das 5 denominacións de orixe, co obxectivo de mellorar tanto o posicionamento dos viños galegos como das comarcas que representan.

Ao longo do acto, o titular da Xunta aseverou que o viño do Ribeiro xa ten demostrado sobradamente a súa capacidade para saír adiante e mellorar cada día, como proba a súa aposta pola elaboración de viños de calidade con variedades autóctonas, así como a decisión dos adegueiros de unirse e recuperar a traxectoria duns caldos que xa tiñan demostrado o seu potencial.“Estamos a falar dunha denominación de orixe que aglutina a máis de 4.100 viticultores e 115 industrias, cunha superficie inscrita que supera as 2.200 hectáreas”, dixo, lembrando que na última vendima no Ribeiro se recolleron preto de 9 millóns de quilos de uva, o que representa o 14% do total vendimado nas 5 denominacións de orixe.

Todos estes datos animan, segundo afirmou Feijóo, a manter os altos estándares de calidade á vez que se seguen abrindo novas oportunidades: apostando pola internacionalización, pola combinación co turismo e pola singularidade e a diferenciación, grazas ao traballo das distintas denominacións de orixe por certificar os sabores únicos dos viños.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre