Inicio Galicia Feijóo destaca que o novo Acordo do Diálogo Social contará cun orzamento...

Feijóo destaca que o novo Acordo do Diálogo Social contará cun orzamento de 52M? para activar o mercado laboral galego

0

O obxectivo é que o 100% das medidas asinadas cos sindicatos UXT e CC

OO. e coa CEG estean deseñadas e a disposición da Mesa de Diálogo Social no primeiro semestre do próximo ano


O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que o novo Acordo do Diálogo Social contará cun orzamento de 52M€ para activar o mercado laboral galego.

O obxectivo é que o 100% das medidas asinadas cos sindicatos UXT e CC.

OO. e coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) estean deseñadas e a disposición da Mesa de Diálogo Social no “primeiro semestre do ano 2020 para a súa implementación de forma inmediata”, sinalou Feijóo.

Feijóo valorou que, aínda que non é fácil, é imprescindible acadar acordos de diálogo social. As organizacións sindicais, as empresariais e a Xunta “temos que debater, temos que propor, temos que colaborar, temos que acordar e temos que decidir”, aseverou.

Ademais do impulso do emprego, o presidente do Goberno galego incidiu na importancia de que “organizacións sindicais, organizacións empresariais e Xunta de Galicia temos un discurso común e único en materia de Industria 4.0 e de transición enerxética. Sabemos o que queremos facer, sabemos como facelo e vamos a defendelo conxuntamente”.

Polo que respecta ás medidas incluídas neste novo Acordo do Diálogo Social, destaca o compromiso de poñer en marcha un plan de recualificación profesional para persoas paradas de longa duración maiores de 45 anos, que contará cun orzamento de 500.000 para acompañar a este colectivo nas súas necesidades de motivación, orientación, formación, inserción laboral e medidas de acompañamento.

Tamén se desenvolverá un programa de axudas para a contratación de remudistas cun financiamento de 1M€. Os apoios para as pemes -7.500 euros- implican a contratación a xornada completa e por tempo indefinido. No caso de que a persoa contratada sexa muller, unha persoa con discapacidade ou se a empresa está relacionada cos sectores estratéxicos galegos, as axudas incrementaranse nun 5%.

A maiores, a Xunta reserva 4M€ para habilitar axudas para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións económicas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre