Inicio Galicia Feijóo destaca que a colaboración entre a Xunta e Xinzo permitirá reordenar...

Feijóo destaca que a colaboración entre a Xunta e Xinzo permitirá reordenar todo o tecido urbano do concello

0

Define este proxecto, cuxo investimento ascende a máis de 2 millóns, como unha “gran obra única” para facer de Xinzo un lugar mellor para vivir e para visitar

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a colaboración entre a Xunta e o Concello de Xinzo permitirá reordenar todo o tecido urbano do concello.

Durante a sinatura do convenio para o acondicionamento da OU-531, na avda. de Celanova, e a mellora de vías municipais e a racionalización da rede viaria de titularidade autonómica, entre outros aspectos, Feijóo aseverou que esta iniciativa fará posible unha completa reordenación da rede viaria da localidade; “máis de dous millóns de euros, o investimento máis importante que se fixo nesta comarca desde fai décadas para ordenar e reordenar todo o tecido urbano, pero tamén as estradas de titularidade autonómica, de titularidade municipal, as beirarrúas e o abastecemento e saneamento da estrada nacional”, precisou, definindo este proxecto como unha “gran obra única” para facer de Xinzo un lugar mellor para vivir e para visitar.

Máis polo miúdo, o responsable do Executivo autonómico precisou que a avenida de Celanova poderá ver por fin superada esa gran contradición que supón ser unha das principais arterias de tráfico e, ao mesmo tempo, unha rúa singular. Non en van, a actuación deseñada pola Xunta en coordinación co Concello, que se encargará de realizar as obras, permitirá manter a identidade da avenida, cos seus plátanos senlleiros e con dous sentido de circulación sen renunciar por iso a humanizala, renovando a iluminación e o mobiliario urbano e dotándoa das imprescindibles medidas de seguridade identificadas na vía, que virán dadas, ademais, pola liberación do intenso volume de tráfico de paso.

Leer más:  El PSdeG pide a la conselleira do Medio Rural que se disculpe por sus declaraciones sobre los incendios

Sobre este punto, Feijóo aseverou que isto será posible grazas a un segundo aspecto deste acordo, que consiste en acondicionar unha serie de pistas e vías municipais para crear unha circunvalación. Deste xeito, os vehículos que veñan de Portugal e de Baltar poderán seguir pasando por Xinzo para acceder a N-525 e á autovía das Rías Baixas, pero sen necesidade de atravesar os treitos máis urbanos desta vila. Ademais de avanzar que a avenida de Madrid será tamén acondicionada.“Estamos falar, polo tanto, de comunicar mellor Xinzo co resto da comarca, de diminuír os tráficos da Avenida de Celanova, de construír unha nova circunvalación e de arranxar incluso unha estrada de carácter nacional, a N-525”, abundou.

Ao longo do acto, incidiu en que esta colaboración permitirá iniciar xa os trámites de contratación, co obxectivo de que nos primeiros meses de 2019 se poidan empezar a materializar as obras. Unha colaboración que tamén se reflicte en proxectos sobre outros eidos como as reparacións levadas a cabo no centro de saúde; as obras no Colexio Público Carlos Casares; ou a ampliación do polígono empresarial, unha necesidade na que o Goberno galego está a traballar despois de que, grazas aos incentivos da Xunta, todo o solo dispoñible neste municipio estea xa adxudicado.

Leer más:  Herido por arma blanca un hombre de 45 años en Ourense

- Te recomendamos -